SUB ROSA é un cuarteto de música electrónica e video-arte integrado por dous produtoras e compositoras, un percusionista e un deseñador. Comezaron a presentar ao vivo os seus temas no 2013 con moi boa acollida por parte da xente. A súa proposta pode ser enmarcada dentro do electrónica lo-fi e o post-rock. Experimentan e combinan música electrónica e videoarte.
Publicaron dous discos, ambos no 2014. Primeiro o EP Akureyi, gravado e autoproducido nos estudios Artexmachina no barrio de San Pedro -Santiago de Compostela- entre agosto e decembro de 2013, coa formación orixinal. Isto é, Helga Blanco (sintetizadores, voz, toms, melódica, xilófono); Sergi Landrove (Vibráfono, sintetizadores, xilófono, toms); Joan Espuny (Video-arte, mapping 3-D) e mais Xalo G.Gayoso (sintetizadores, voz, arpa de boca, ovo). Pouco despois, publicaron o seu segundo disco, Vagalú (Discos da Máquina, 2014), gravado polo propio grupo e mesturado por Tomás Ageitos no Estudio A Ponte. Joan e Sergi non participan nesta gravación, na que si aparece o Pulpiño Viascón (batería electrónica e percusión).
A banda anunciou un repouso momentáneo o 18 e abril de 2017 do que polo de agora non voltaron.
ESCOITA SUB ROSA
Vagalú (Xuño, 2014)
Akureyi (Febreiro, 2014)