Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto.
Mantiveron a formación inicial até o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. No verán do 1993 prodúcese o troco de nome, por motivos legais, pasando a chamarse, xa para sempre, ZENZAR. Esto ocorre pouco despois de gravar a finais do 1992, ainda como Mördor, a sua 1ª maketa baixo o título de Contos e Lendas de Terra Adentro.
No 1997 prodúcese a saída á rúa do seu primeiro LP, Disparados ó Futuro, -un par de anos antes sacaran unha segunda maketa, Fascinados polo prohibido-, composto de doce temas grabados nos Estudios Fussión de Vigo, con Xavier Abreu de técnico. O grupo fai unha extensa xira de presentación que se prolonga nos dous anos seguintes, onde destaca a participación no primeiro Alen Galicia na Illa de Arousa, e no 1º Santi Rock en Compostela.
No 2001 publican Toda vai ben, e un ano despois Rockandoll. Despois chega unha época de pouca actividade na banda e prodúcese a saída de M. Silveira, guitarrista e un dos fundadores da banda. Así chegamos ao 2006 en que Zenzar edita o seu cuarto traballo, Sigue e Dálle o cal foi gravado entre febreiro e marzo no Estudio Océano de Nigrán, outra vez baixo a batuta de Xavier Abreu. No 2009 a banda sacou A Tribu e no 2012 aparece Vaise Armar. O traballo foi presentado na Sala Josfer no Meson do Bento. Foi o primeiro concerto cuberto por GZmúsica TV, en colaboración con Borneira Audiovisual, na historia da nosa web.
En febreiro de 2013 publicouse o disco-homenaxe Vai polos padriños, con 19 temas re-interpretados por 18 grupos galegos como Ruxe Ruxe, Dios ke te crew, Machina, Os tres trebóns, Invivo, Som do Galpom, Raiba, K-Raxe ou A compañía do Ruído. O Disco Tributo foi presentado o 8 de marzo dese ano na Capitol.
En maio de 2015, de volta no Mesón do Bento, presentaron o seu novo disco de estudio, titulado Camiñando entre serpes, gravado no estudio Escola da Rúa en Carballo.
En novembro de 2016, un cancro acabou coa vida de Tabe, o baixista do grupo, que xa fora substituído dende uns meses atrás por Laura Romero, debido á enfermidade.
Os Zenzar son:
Manolo García, batería. Membro fundador de Zenzar, batería e letrista. Tamén colaborou con grupos coma Kastomá , Chícharo Psicótico ou a Banda Meljacha.
Xosé A. Bocixa . voz. Membro fundador de Zenzar, unha das voces da Banda Meljacha e colaborador en moitos discos de grupos Galegos. Membro activo do asociacionismo galego dende fai moitos anos e de movememtos como Burla Negra, Amelga, etc. Traballou en radio mais de 15 anos ata que o deixou por non ser sumiso aos dictados do político de turno. Actor de Dobraxe, productor de eventos, guionista e realizador de documentais coma “ As Encrobas. A Ceo Aberto”.
Paco Cerdeira. Guitarra e voces. Membro tamén de Mama Cabra. Estivo tamén en grupos coma A Banda Meljacha ou Lady Croff. Técnico de són e productor, incorporouse ao grupo no 2006.
Mario Grela. Guitarra e voces. Guitarrista e compositor , que se incorporou a Zenzar no 1997 logo de disolverse Nasser, o seu primeiro grupo.
Laura Romero. Baixo. Entrou no grupo no 2016, en substitución de Tabe. Debuxante e música, está detrás do proxecto Músicas Galegas Ilustradas.
Jose A. Regueiro “Tabe”. Baixo. Membro fundador de Zenzar e pioneiro da música en Cerceda con Átomo. Falecido no 2016
Accede ás descargas de Zënzar (4 discos):
A Tribu (2009)
{music}images/stories/descargas/Zenzar/Zenzar-Atribo/{/music}