Grupo creado no Carballiño que deixou unha produción discográfica conformada por un EP, De volta da festa e mais tres traballos longos: A dorna,(¿,1983), Itinerante, (Dial, 1988) e A Godaxe, (Dial, 1991). O seu estilo pódese encadrar dentro do folk-rock, pois unían batería, guitarra eléctrica e teclados á gaita galega, que no primeiro disco tocaba o gaiteiro Juanjo Fernández, para conseguir un son próximo ao de formacións roqueiras.
A súa última formación foi Antón Abelleira: teclado e flautas; Celso Insuela: baixo eléctrico; Guancho: gaita, mandolina; Israel Real: guitarras; Toño Romero: batería; Xesús Carballido: percusión, voz e Xosé Fraiz: violín, flauta, saxo.
ESCOITA GODAXE EN YOUTUBE