Callisto
AXENDA GZMÚSICA TV CARTAFOL DESCARGAS
  • Comezo
  • Actualidade
      • Back
      • Grupos
      • Festivais
      • Entrevistas
      • Cultura
  • Críticas
      • Back
      • Discos
      • Concertos
      • Festivais
      • Opinión
  • GZmúsica TV
      • Back
      • Ao vivo
      • Entrevistas
      • GZmúsica TV Temporada 6 (2020-2023)
      • GZmúsica TV Temporada 5 (2017)
      • GZmúsica TV Temporada 4 (2016)
      • GZmúsica TV Temporada 3 (2015)
      • GZmúsica TV Temporada 2 (2014)
      • GZmúsica TV Temporada 1 (2013)
  • Videoclips
      • Back
      • Electrónica
      • Punk
      • Rock
      • Ska-Reggae
      • Trad-Folk
      • Blues
      • Músicas Urbanas
      • Infantil
      • Jazz
      • Metal
      • Músicas do Mundo
      • Pop-Indie
  • Nós
      • Back
      • Quen Somos
      • Acceso

Brañas Folk

Grupo folk nado na cidade das Burgas en 2002, arredor do músico Manuel Brañas, antigo membro de Arco da Vella, e composto ademais polo violinista Leonardo Blanco, o guitarrista Juan Manuel Vázquez, Olga Brañas, piano, o percusionista Aser Álvarez e a cantante Olga Andrés. O sexteto sacou o seu primeiro disco dous anos despois, Camiñantes, (Discmedi, 2004), once pezas onde sobrancea a tradición e que levan como engadido unha pista interactiva cunha actuación do grupo e diverso material sobre construción de instrumentos, zanfona e gaita, ademais de información sobre a reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria. Posteriormente chegaría Alalá do Cebreiro, (PAI Música, 2009), gravado con Segundo Grandío en Casa de Tolos.

Despois de 5 anos de silencio había chegar o que é polo de agora o último disco dos ourensáns. Danza das Burgas (Inquedanzas Sonoras, 2014) é un traballo en que se alternan temas cantados con instrumentais, tradicionais e de autor, de ritmos e ambientes variables. Na gravación do disco, a formación de Brañas Folk foi Manuel Brañas (gaita, requinta, whistle, arpa, zanfona), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Tomás Saiz (acordeón), J. Antonio Blanco (guitarra), Olga Brañas (piano, pandeireta e outras percusións), Eduardo Balvís (baixo) e Aser Álvarez (baterÃía, tamboril e outras percusións). O disco contou cunha interesante nómina de colaboradores, que axudaron a enriquecer este traballo (Guadi Galego, Lucía Pérez, Davide Salvado, Pancho Álvarez, Javier Bergia, Quim Farinha, Pablo Pascual, Segundo Grandío e Xaquín Xesteira).

ESCOITA BRAÑAS FOLK EN DEEZER

  • 120.jpg

+ Info

Páxina web
www.branhasfolk.com
Deezer
www.deezer.com/pt/artist/326308(0 visits)
Spotify
open.spotify.com/artist/6aqKAfillz0RSk5LfG1OsP(0 visits)
«Grupo anterior en Folk | Seguinte grupo en Folk »

BUSCA NO CARTAFOL

GZMÚSICA TV

CATEGORÍAS NO CARTAFOL

  • Electrónica
  • Folk
  • Jazz
  • Metal
  • Músicas Urbanas
  • Pop/Indie/Cantautor
  • Punk
  • Rock
  • Ska/Reggae/Mestizaxe
  • Tradicional