Cantante que fixo a súa estrea discográfica con Corazón de Brief, (Do Fol, 1998), peculiar debut onde reinterpreta varios temas de Emilio Cao tan só acompañada do piano de Manuel Gutiérrez. A súa cualificada voz permitiulle asinar un traballo de calidade que sorprendeu no eido folk galego. Despois publicou O mar vertical, (¿,2001), onde xa aparecen composicións de Dono e do seu pianista, acarón de composicións tradicionais. Asemade, a cantante ten desenvolvido un labor poético salientábel, que comparte textos e inquedanzas co seu traballo na música.