Callisto
AXENDA GZMÚSICA TV CARTAFOL DESCARGAS
  • Comezo
  • Actualidade
      • Back
      • Grupos
      • Festivais
      • Entrevistas
      • Cultura
  • Críticas
      • Back
      • Discos
      • Concertos
      • Festivais
      • Opinión
  • GZmúsica TV
      • Back
      • Ao vivo
      • Entrevistas
      • GZmúsica TV Temporada 6 (2020-2023)
      • GZmúsica TV Temporada 5 (2017)
      • GZmúsica TV Temporada 4 (2016)
      • GZmúsica TV Temporada 3 (2015)
      • GZmúsica TV Temporada 2 (2014)
      • GZmúsica TV Temporada 1 (2013)
  • Videoclips
      • Back
      • Electrónica
      • Punk
      • Rock
      • Ska-Reggae
      • Trad-Folk
      • Blues
      • Músicas Urbanas
      • Infantil
      • Jazz
      • Metal
      • Músicas do Mundo
      • Pop-Indie
  • Nós
      • Back
      • Quen Somos
      • Acceso

Mutenrohi

Grupo folk ourensán que debutou en xullo de 1993 aínda que tiraron o seu primeiro disco tres anos despois O mal tempo, (Sons Galiza, 1996). Non tardaron os Mutenrohi en gravar un disco ao vivo e aproveitaron a súa actuación no Teatro Principal de Ourense no mes de marzo do 97 para elaborar ¡Has bailar!, (Zouma Records, 1997), o que os levou a fichar por unha multinacional, Arcade, que editou Mutenrohi, (Arcade, 1998), resumo dos seus traballos anteriores. Despois chegou Cousas da Lúa, (Arcade, 1999), que permitiu ao grupo acadar moita máis proxección e ate acompañar a Alan Parson Project nunha xira pola península. A saída da gaiteira Cristina Pato para comezar a súa carreira en solitario, que trouxo a entrada do gaiteiro Xurxo Brea, precedeu a aparición de Danze, (Zouma Records, 2001), onde o grupo recunca co selo galego despois da aventura na multinacional inglesa. Cecais sexa este cuarto traballo onde o grupo ourensán acade a súa madureza creativa, cunha presenza notábel da voz, coa entrada de Cristina Barriga, e unha equilibrada mistura entre temas tradicionais e pop, con influencias da electrónica. Esta liña mantívoa Mutenrohi no quinto disco da súa prolífica carreira, Maio, (Zouma Records, 2003), que significou ademais a estabilidade definitiva na formación, semellante a do anterior traballo e composta por Juan Carlos Fernández. Fasero, voz e guitarra, Ivan Salgado, piano e teclados, Javier Reza, baixo, Raquel Rodríguez, violín, Abrahám Vila, batería, Cristina Barriga, voz, ademais de Xurxo Brea, gaita e frautas. Cómpre salientar a importante presenza do grupo nunha abondosa listaxe de traballos compilatorios que baixo o selo de música galega, ás veces inserido no máis amplo de música celta, foron editados nos últimos dez anos, coma o curioso Galicia chill out, (Enterphonics, 2003), que aproxima a música galega ao novo estilo de música acougante creado nas festas tecno.

Tirado no ano 2005, E Van Dez, supuxo a celebración do décimo aniversario da banda.

  • 249.jpg
  • 250.jpg
  • 249.jpg
  • 250.jpg

+ Info

Páxina web
www.mutenrohi.com
Facebook
www.facebook.com/pages/Mutenrohi/137327616315265(0 visits)
Deezer
www.myspace.com/mutenrohi(0 visits)
Video
http://www.youtube.com/watch?v=qX8NykdLqzk
«Grupo anterior en Folk | Seguinte grupo en Folk »

BUSCA NO CARTAFOL

GZMÚSICA TV

CATEGORÍAS NO CARTAFOL

  • Electrónica
  • Folk
  • Jazz
  • Metal
  • Músicas Urbanas
  • Pop/Indie/Cantautor
  • Punk
  • Rock
  • Ska/Reggae/Mestizaxe
  • Tradicional