Grupo folk xa desaparecido, formado por un fato de mozos da Mariña que deixaron dous discos gravados na súa andaina, 'Cruz de Pedra', (Sonifolk, 1994) e 'Egobarros Namarinos', (Sonifolk, 1999). Neste segundo traballo contaron coa colaboración da cantante viguesa Almudena Janeiro.
Esta foi a formación coa que gravaron Egobarros Namarinos:
Almudena Janeiro: voz.
Manuel Fernández: violino
Marcos Barro: baixo e coros
Suso Anello: pandeireta e pandeiro
Raúl Romero: guitarras (eléctrica e acústica), bouzouki e coros
Alberte Prado: frauta traveseira, gaitas e saxo alto
Fuco Vázquez: voz, bouzouki, guitarra acústica, teclados e coros