O projecto ['trepia] naceu no 2008 na comarca de Pontevedra sustentado en 3 piares, a música, a danza e mais a video-creación. O grupo gañou nese ano o 1º premio na categoría video-creación e o 2º en música nos premios GZcrea.
No 2011 presentan o seu segundo espectáculo, ...de infinitum, un traballo que recolle as dúas vertentes que conforman a cosmovisión do proxecto: a luz e o escuro, ensarillados en ciclos alternos e eternos. Na parte musical, o repertorio tradicional segue a ser a base dos samplers ou das mesturas con outros estilos e recursos mais tamén consigo mesmo.
Nos últimos anos, a Asociación Cultural Trepia -berce do proxecto- enfocou as súas actividades á formación na súa escola e tamén ao desenvolvemento outras actividades, como a Aña Urbana, un encontro urbano arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas, maio e xuño, que comezara anteriormente O Tear de Llerena.
Integrantes:
Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile)
Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile)
Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile)
Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile)
Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile)
Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile)
Diego Pintos (Videocreación
Marta Verde Baqueiro (Ninja visualcode)
Cayetano Amenabar (Zanfonista)
projecto ['trepia] ao vivo no Auditorio de Cangas
Velaquí o manifesto do projecto ['tepia]:
MANIFESTO
A trépia é umha estrutura sustenta em três peares:
Imagem - Dança - Som
A imagem: A posta a disposiçom da música e a dança tradicionais de todo o potencial multimédia que ofrecem os tempos que correm. A vídeo-criaçom como método de expresom válido para a nossa cultura tradicional. Fotografia, gravaçom e documentaçom. Internet como plataforma divulgativa.
A dança: A recriaçom coreográfica baseada na dança tradicional, mais sem esquecer o aporte sempre interesante da dança contemporánea. Três parelhas-base fazendo de-construçom da dança tradicional. Olho! Dixemos de-construçom, nom destruçom.
O som: Como nos outros dous peares, a aplicaçom de novos meios e técnicas à música tradicional. Sampleo de percusons e recursos efectistas. A recolheita de campo já nunca mais será material inerte e anquilosado, senom um instrumento mais ao serviço da expresom cultural.
Escoita projecto ['trepia] en SoundCloud
Descarga projecto ['trepia] (2008)