MC e compositor vigués nado a comezos dos 80, con máis de quince anos no panorama hip hop ibérico. A súa primeira aparición foi nun recopilatorio de la revista "Bambán", no 1997 con apenas 16 anos, co tema "Kuando piso", canción que lle faría gañar o título de artista revelación galego 1998 baixo votación dos medios de comunicación musicais locais.
Ten publicado varios discos en solitario, para alén de ter sido compoñente e co-fundador do xa disolto colectivo "La Familia" de Vigo, pioneiro no hip hop na cidade olívica. Tamén ten colaborado con artistas da talla de Kase-O (Violadores del Verso), Payo Malo, Roty340, Dj Vadim, Griffi (Solo los Solo), Dive Dibosso (7 notas 7 colores), Mind da Gap, Mundo, Duo Kie, Juan Pro, Giro er Nene, Dj Tillo, Sindicato argentino del Hip-Hop, Dano, La Puta Opp, Gran Purismo...
En febreiro de 2006 presentou o seu álbum Los Lunes al soul, primeiro traballo profesional dun MC en todo o Estado que era colgado de modo totalmente gratuíto na propia web do artista. Máis de 100.000 personas descargárono en apenas medio ano.
En 2007 gaña o premio do Maketón 40 Principales como mellor produtor musical nacional, despois de crear a súa propia produtora: “Licor Kafé”, centrándose na súa faceta de produtor, o que o leva a traballar con varios artistas do panorama vigués: Licor Kafé Vol 01, Wöyza (Pisando el suelo que ves), 040, Dr Valda (Clase obrera), Sale (Nuevo), Aid (Jugando). Malia desenvolver a súa carreira maioritariamente en castelán, é habitual que engada algún tema en galego nos seus traballos, lingua que tamén ten empregado nas súas colaboracións con grupos portugueses ou co Xabarín Club.
En 2012 tirou Coke Céspedes, traballo que tamén se pode descargar de balde na súa web.