FLUZO son Javier Álvarez, produtor cunha longa traxectoria tras seudónimos como Néboa, Bravido ou Dúo Cobra, e Hevi, seguramente un dos mellores MCs en lingua galega. No seu proxecto en común, a vella escola dase a man coa IDM, a música de 8-bits, o low-fi e o jazz máis experimental.
Contrabaixos ao lado de casiotóns modificados, ventos que se comunican con sintetizadores monofónicos, Commodores que falan e gameboys mutantes codeándose con hammonds e vibráfonos... Un regreso ao rap do futuro.
En 2010 déronse a coñecer cun traballo homónimo do que publicaron ao ano seguinte as instrumentais de todos os temas. En 2013 publicaron un EP, Lastre e oleada, e entraron nunha etapa de parón, coincidente coa publicación de varios traballos de Malandrómeda, para volver a finais do 2021 cun novo single.
Accede ás descargas de Fluzo