Sumrrá é un trío de Jazz galego, formado en 2000 por Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo, e LAR Legido á batería.
Debutaron cun disco homónimo publicado por Madame Mir en 2001. Despois virían Sumrrá 2 (Errabal, 2005) e un directo na Sala Nasa gravado no 2008, 3 ao vivo, publicado por Free Code Jazz Records.
No 2010 chegaría o cuarto disco, 4.0 (Free Code Jazz Records) e despois a banda entra nun parón compositivo, pola implicación dos seus integrantes noutros proxectos como Martelo, que rachan no 2015 con V Hourneys (Clemont Music, 2015) e 3 anos despois con 6 mulleres, tamén publicado con Clemont Music, co que renden homenaxe a 6 mulleres que foron fonte de inspiración na loita por un futuro mellor para a humanidade.
Sumrrá ten tocado polo mundo enteiro, con numerosas xiras e concertos na China, en Bolivia, Marrocos, Francia, etc o que non lles quita tempo para ser ademais a banda residente na Casa das Crechas compostelá, onde celebraron o 10 de febreiro de 2019 o seu concerto número 100.
En 2014 recibiron o Premio Martín Códax da Música na categoría de jazz / músicas improvisadas.
(Actualizado en agosto de 2020)
ESCOITA SUMRRÁ EN SPOTIFY
Sumrrá (2001)
Sumrrá 2 (2005)
3 ao vivo (2008)
4.0 (2010)
V Hourneys (2015)
6 mulleres (2018)