Banda de Death Metal baseada en Compostela, aínda que con compoñentes do Hío, parroquia do Morrazo, formada a comezos dos anos 90 do século XX, que nunca tivo o éxito nin a repercusión en Galiza que lle tería correspondido por calidade e innovación mais que si foron recoñecidos nos circuítos do metal europeo.
Malia levar varios anos disolta a banda, o netlabel O Toxo Rabudo publicou no 2010 o seu EP Abstract Absurdity gravado en Barcelona en 1993 coa mesma formación que gravou o mellor expoñente do traballo desta banda, Unreal overflows, Óscar Jumpin, Javier Zarco e os irmáns Cordeiro, Lino e Mario, e que permanecía inédito.
Os Absorbed nos 90. Fonte: www.metal-archives.com
Porén, por Absorbed pasaron moitos máis nomes clásicos do metal galego da altura. Así como Óscar Ínsua, Jumpin, estivo en Talesien, Clan Moriarty ou incluso Fame Neghra e Ruxe Ruxe ou Lino Cordeiro tocou a batería en Dismal, tamén José Barros (Dismal, Sepulcro) cantou do 93 ao 96 en Absorbed ou Fran Pérez (Unreal Overflows) tocou a guitarra no 93-94.
Reverie (1991-1996 compilation)
Compilación publicada en 2013 por Xtreem Music que contén todos os temas publicados pola banda entre 1991 e 1996. En concreto, os seguintes discos: "Reverie" (unreleased album '96) "Avowals" (split CD '94) "Abstract Absurdity" (unreleased 7'' EP '92) "Unreal Overflows" (demo '92) "Chronogical Turbulence" (live '96) "Rehearsal Promo '91" (demo '91)
(Actualizado en decembro de 2024)