Callisto
AXENDA GZMÚSICA TV CARTAFOL DESCARGAS
  • Comezo
  • Actualidade
      • Back
      • Grupos
      • Festivais
      • Entrevistas
      • Cultura
  • Críticas
      • Back
      • Discos
      • Concertos
      • Festivais
      • Opinión
  • GZmúsica TV
      • Back
      • Ao vivo
      • Entrevistas
      • GZmúsica TV Temporada 6 (2020-2023)
      • GZmúsica TV Temporada 5 (2017)
      • GZmúsica TV Temporada 4 (2016)
      • GZmúsica TV Temporada 3 (2015)
      • GZmúsica TV Temporada 2 (2014)
      • GZmúsica TV Temporada 1 (2013)
  • Videoclips
      • Back
      • Electrónica
      • Punk
      • Rock
      • Ska-Reggae
      • Trad-Folk
      • Blues
      • Músicas Urbanas
      • Infantil
      • Jazz
      • Metal
      • Músicas do Mundo
      • Pop-Indie
  • Nós
      • Back
      • Quen Somos
      • Acceso

Invivo

Banda compostelán de metal crú formada en 2006 e composta por M. César á voz e guitarra, R. Couto ás guitarras, R. Filgueira ao baixo e segundas voces e R. González á batería..

En 2007 danse a coñecer coa participación no disco compilatorio Apostolocausto. No 2008 gañan a terceira edición do concurso Millarock, ceden un tema inédito para o disco compilatorio Derrameidea e comparten escenario con bandas como Hamlet, Estirpe, Berri Txarrak ou A Palo Seko, entre outras.

En 2009 publican o seu primeiro disco, Introvisión (Producciones Malditas) gravado e mesturado por Iago Pico nos estudos Pousada Son de Ames e masterizado por Peter In de Betou nos Tailor Maid Studios de Suecia.

No 2010 colaboran no disco compilatorio A Bola de Metal. Tras ducias de concertos nas súas costas en 2011 presentan o seu segundo disco, Dogma (ACI), gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico nos estudos Pousada Son. Ese mesmo ano ceden o tema 1940 para o compilatorio de metal galego Camaradas do Metal!!#Vol. 1 e revisan o Sementa dos Skacha no disco Canta historia na barriada, tributo á banda punk-rock viguesa.

No 2012 presentan os vídeos oficiais 1940 e Dogma, con temas extraídos do seu segundo disco. A inicios de 2013 edítase o disco tributo a Zënzar: Vai polos padriños!, onde revisan o tema Pensamento, da banda cercedense. En 2014 publican novo disco, Cárcavas, tras a experimentación dunha metamorfose. As modificacións apareceron motivadas a raíz duns problemas na voz orixinal do grupo, Mario César a inicios de 2013. Cos temas practicamente rematados para entrar no estudo, deciden apostar polo paso da testemuña do micro a Roberto Filgueira. O disco está producido por Iago Pico e Invivo nos Pousada Son Estudios de Ames, cun deseño de Laura Riveiro e vídeo oficial ideado e dirixido por Lois Rodríguez.

A principios de 2015 aportan o single Cárcavas ao compilatorio Metal Korner 2014. Nese ano únese á banda o baixista Iván Bernárdez (Inmortality).

1940 foi o primeiro videoclip da banda, gravado en decembro de 2011

Escoita Invivo

  • 485.jpg
  • 177.jpeg
  • 178.jpg
  • 485.jpg
  • 177.jpeg
  • 178.jpg

+ Info

«Grupo anterior en Metal | Seguinte grupo en Metal »

BUSCA NO CARTAFOL

GZMÚSICA TV

CATEGORÍAS NO CARTAFOL

  • Electrónica
  • Folk
  • Jazz
  • Metal
  • Músicas Urbanas
  • Pop/Indie/Cantautor
  • Punk
  • Rock
  • Ska/Reggae/Mestizaxe
  • Tradicional