O Projecto Mourente é un "passa-tempo musical" coordinado por Carlos Valcárcel. O obxectivo é facer música na casa usando as tecnoloxías domésticas. O Projecto Mourente desenvolve as súas actividades entre Compostela e Pontevedra desde 2006.
Malia non querer seguir ningún estilo musical concreto, “procura uma sensibilizaçom sobre a necessidade urgente de fazer pop electrónico em galego". Xa desde os comezos apostaron pola difusión na rede e así permitiu descargar os temas do seu primeiro traballo, Baixo os eucaliptos, (A Regueifa Plataforma, 2006), desde a súa web. O éxito deste traballo, apenas unha gravación caseira, afianzou o Projecto, ao que se une Yolanda Valcárcel no 2007 e que saca o seu segundo traballo, Kara.o.ke, no 2008 de novo coa extinta Regueifa Plataforma. Na altura, deron tamén concertos polo país con The Homens, participaron do Manifesto Dobarrista e colaboraron con Fanny+Alexander.
A comezos de 2012 publicaron un sinxelo, Ao teu redor, adianto do que foi o seu terceiro traballo, titulado A pior, que tamén saíu ese ano. Carlos é o compositor das músicas e as letras, ademais da voz, as programacións e os teclados. Yolanda fai os coros apenas nun par de temas, "Vou para pior" e "A revolta dos cosmopailães".
No traballo colaboran Martín Wu, Álex López e Quincho Araujo, guitarras, Roi no baixo e teclados e mais Xocas, Andrés Boado e Mar K John pondo a voz en senllos temas.
A volta no 2020
Despois de 8 anos de silencio, Projecto Mourente sacou un sinxelo en xullo de 2020. Na mesma liña de pop electrónico que vén marcando a súa música desde o 2006, mais co engadido do autotune.
ESCOITA PROJECTO MOURENTE
A pior (Maio 2012)
Pouco me importa (Xullo 2020)