Marxe Eskerda nace a mediados de 2007 cando un grupo de rapaces de 16 anos deciden comezar a expresar as suas inquedanzas a través da música. Con moitas gañas e poucos medios, comezan a sair os primeiros temas, que toman corpo no que será a súa primeira maketa, Collendo Forma, no 2008.
Despois deste primeiro traballo, autoeditado polo grupo, van saíndo cada vez máis concertos que lle sirven ao grupo como para ir gañando experiencia , o que se sucede coa gravación do primeiro traballo de estudio do grupo, o homónimo Marxe Eskerda. A gravación ten lugar nos estudios Metropolis de Vigo, co posterior traballo de Jose TNT("Petetas"), que se encarga da mestura e masterización do mesmo. Este traballo , editado polo propio grupo e distribuído por La Contra e Galiza Música, ten moita maior repercusión ca o anterior, notándose claramente a progresión musical. A intención do grupo, por outra parte, foi desde os inicios expresar as súas propias ideas a través da musica e gozar con ela.
A banda sacaría un terceiro e derradeiro traballo, Último segundo, en 2013. Até onde nós sabemos, a banda non anunciou a súa despedida de xeito oficial, pero levan máis de 10 anos sen sacar disco, dar concertos, ou actualizar as súas rrss. Podes escoitar e descargar toda a discografía de Marxe Eskerda na súa páxina en Jamendo.
(Actualizado en decembro de 2024)