A cousa comezou aló polo 95 con Fran no baixo, Carlos na voz e guitarra, Pablo na batería e Xota na guitarra, daquela a cousa chamábase Malos Tratos, o debut en directo foi a principios do 96 no Popeye de Ferrol, pouco despois dese concerto marchou Fran (baixo) e entrou Cipri no seu sitio. Xa todos eramos amigos dende había un lote de anos. O seguinte concerto foi a principios do verán dese ano, e aí rematou a cousa, por motivos profesionais Pablo marchou lonxe e sen el nada, xa que el sempre foi o motor do grupo, ensaiábamos na casa del coa súa batería, o seu baixo, a súa guitarra, e sobre todo o seu empuxe. Dende aquela continuamos ensaiando esporadicamente, as poucas veces que Pablo podía vir por aquí. Uns anos despois deixou o grupo Carlos co que estivemos prácticamente parados ata o 2002 en que empezou Quiza na guitarra, Pablo pasou á voz e a bataca colleuna Óscar, e aí é onde empeza Retobato, coa publicación do disco Cousas que cheiran. Con posterioridade sacaron Greatest Hits no 2008.
Accede ás descargasde Retobato