Maskarpone xorde en Ourense no 2009. A primeira formación (Lore- voz, Carlinhos- batera, David- guitarra, Negro- baixo e Elías-guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo.
Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional.
No 2011 gravan a primeira demo con catro temas (tres propias e unha versión) e, por circunstancias da vida, a banda sofre diversas baixas e incorporacións, o que supón un ano enteiro de reestruturación. Xa no verán de 2012, os Maskarpone voltan ós escenarios tocando un ska contundente en varios festivais e garitos por Galiza adiante (Ourense, Ribadavia, Viana do Bolo, Vigo, Xinzo, Coruña…) intentando transmitir a filosofía orixinal: festa.
No 2014 sacan o seu primeiro disco, Maskarpone, que podes descargar de balde na nosa web.
ACCEDE Á ZONA DE DESCARGA DE MASKARPONE