Foi no verán do 2007 cando Os Mordecáns se dan a coñecer co tema "O son do Son". Xurdidos doutras formacións musicais, os seus cinco compoñentes teñen claro que a forma de gozar dunha noite de concerto é bailando e facendo bailar e isto é o que tentar facer cada vez que soben a un escenario. A súa música podería ser clasificada como rumba catalana cantada en galego, con fortes influencias doutros estilos como o reggae, o funk ou o ska. Na actualidade, os membros do grupo andan embarcados, -algúns literalmente-, noutros proxectos e están á espera de sacar o seu primeiro disco.