A carón do músico brasileiro Sérgio Tannus, -e artellando a base sólida da formación-, están os tamén "brasilegos" Serginho Sales (piano, teclados e acordeón) e Paulo Silva (percusión e voz) para conformar o Sérgio Tannus Trio. Unha formación que fai música popular brasileira desde Compostela. E ultrapasando a anécdota xeográfica, fana intercomunicándoa coa música galega.
O trío ten publicado un único traballo, Son Brasilego, argallado a través da plataforma de crowfounding Verkami. Ademais, é habitual da noite compostelá, tocando de xeito regular na Borriquita de Belem.