Os Estalotes son unha formación atípica, compostelá, que levan moitos anos esparexendo o son da súa música vencellado indiscutibelmente á troula e á festa. Nunca pasaron por un estudo de gravación mais a influencia, o recoñecemento e a calidade que atesouran convérteos nun dos grupos fundamentais da música tradicional galega.