O pasado venres 15 de febreiro a xira presentación do Vol. III de Vudú tivo a cita no Morrazo, concretamente no Salason. Tras tocar o xoves na Clavicémabalo de Lugo, o venres tocaba Cangas para ir comezando a fin de semana. Até alí achegámonos algúns seareiros e algunhas seareiras, mais pese a non conseguir  a afluencia que conseguiron na cidade das murallas creouse un ambiente lindo.

Durante o concerto puidemos escoitar cancións que xa coñeciamos do seu EP anterior e cancións que escoitabamos por primeira vez neste concerto, que agora poderemos seguir a escoitar na casa ou no carro.


Como novidade, atopamos que o concerto, a parte do que xa viramos anteriormente, comezou con Belém xogando e sampleando algúns sons. Como de costume, pese a reinterpretar cancións tradicionais galegas, non é un concerto en que queiras poñerte a bailar e botar un punto e unha volta, pero si para gozar e sentir a música, para marchar do concerto cunha sensación de ben estar na que tanto podes escoller seguir de festa ou te retirares a descansar.


O compa Xabicas déixavos aquí unha boa galería das imaxes que tirou do concerto.


E para rematar podedes facervos unha idea do que ides atopar no disco no seguinte vídeo, un petisquiño do seu paso por Cangas: "Preludio de Lúa Awel" e a versión do clásico "Eu Chorar, chorei".



Fotos: Xabicas
Texto e vídeo: Lety GF

O pasado venres 15 de febreiro a xira presentación do Vol. III de Vudú tivo a cita no Morrazo, concretamente no Salason. Tras tocar o xoves na Clavicémabalo de Lugo, o venres tocaba Cangas para ir comezando a fin de semana. Ata alí achegámonos algúns seareiros e algunhas seareiras, mais pese a non conseguir  a afluencia que conseguiron na cidade da muralla creouse un ambiente lindo.

Durante o concerto puidemos escoitar cancións que xa coñeciamos do seu EP anterior e cancións que escoitábamos por primeira vez neste concerto, as cales agora poderemos seguir a escoitar na casa ou no carro.

Como novidade, topamos que o concerto a parte do que xa viramos anteriormente, comezou con Belém xogando e sampleando algúns sons. Coma de costume, pese a reinterpretar cancións tradicionais galegas, non é un concerto no que queiras poñerte a bailar e botar un punto e unha volta, pero si para gozar e sentir a música, para marchar do concerto con unha sensación de ben estar na que tanto podes escoller seguir de festa ou retirar a descansar.

O compa Xabicas déixavos aquí unha boa galería das imaxes que tirou do concerto.

E para rematar podedes facervos unha idea do que ides atopar no disco no seguinte vídeo. Nel aparecen as cancións “Preludio De Lúa Awel” e "Eu Chorar, chorei"

Fotos: Xabicas

Texto e vídeo: Lety GF

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

Vindeiros concertos

749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
759700178_935299379588861_1788542245678184277_n.jpg }24 Ago 2026
07:30PM -
Ukestra do Medio
Camping Lago-Mar - Muxía
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
759904625_935298589588940_2999413444636491151_n.jpg }27 Ago 2026
07:30PM -
Belém Tajes
Camping Lago-Mar - Muxía