Íase armar. Xa o avisaran. E armouse de vez. GZmúsica estivo na apresentación do novo traballo de Zënzar, sábado 5 de maio no Mesón do Bento. 3 horas da furia precisa, do encontro coas amizades, do orgullo de levar moitos anos a cuspir letras desde Cerceda. Da satisfacción íntima de se saber queridos pola rapazada toda da comarca de Ordes e fondamente respectados pola parroquia roqueira do país.

A interminábel noite comezou co punk dos Esterko. A banda de Carral, algo parada nos últimos meses xa que algún membro está a traballar fóra do país, demostrou malia todo atoparse nun bo momento. Os de Carral andan con moita gana de volver entrar nun estudo de gravación, despois de gravaren no 2007 a maketa Patada nos dentes no estudio de Manolo, batería dos Zënzar. A pouco que os labores de cadaquén lles permitan xuntarse de volta, Esterko hase converter nun referente do punk do país.

Despois foi a quenda da Familia Caamagno. A banda de Sigüeiro están a ser unha das revelacións do ano na Galiza. Rock dos 60. Garaxe e distorsión para uns temas bailables que chegan a todo tipo de público. Gustaron deles os seguidores máis metaleiros dos Zënzar pero tamén outros que foxen da contundencia do metal. Interesante a versión do Estou na lavadora do Caimán do Río Tea.

Un fato de amigos pasaron polo escenario da Josfer: os do Xalo, Loli Nogueira, Vituco, Mario de In Vivo, O Reverendo,...

E chegou, perto xa das dúas da mañá, o intre agardado. Os Zënzar saíron ao escenario da sala Josfer. Malia algún problema de son ao comezo, a banda de Cerceda non tardou en meter no peto os 300 seareiros e seareiras entregadas de antemán á festa do rock galego. A actuación foi maratoniana. Practicamente 3 horas da mellor música do país, zarrapicadas por un ronsel inesgotábel de colaboracións. Os do Xalo, Vituco Neira, Gendebeat, Mario dos Invivo,  -histórico cantante dos extintos Túzaros-, Pablo dos Cempés, Loli, Mourón e de seguro algún máis que fica agora no tinteiro foron pasando polo palco da Josfer, remudado en torreiro punk. Era unha noite para as amigas e amigos, como non deixaba de dicir Bocixa á vez que saudaba polo nome á rapazada das primeiras filas. Mozas e mozos que medraron cos Zënzar como referente musical primeiro. E tamén accesible, como constataba calquera que o preguntase. Bocixa, Manolo, Mario, Tabe e Paco son realmente venerados pola mocidade da súa comarca, especialmente por aqueles, -como os propio Esterko-, que deciden montar unha banda. O apoio a calquera nova proposta sempre é total e onte sábado, estes monstros do rock do país recibiron de volta todo ese apoio. Toda esa enerxía.

Tamén GZmúsica gusta dos Zënzar, non o podemos negar. 25 anos, -ou 24 segundo se mire-, de andaina sen se saír do carreiro non poden pasar indiferentes para os amantes da música galega. E nós sómolo. Quen queira ler unha crítica reflexiva, obxectiva e feita con iso que chaman "rigor" terá que buscar noutro lado. Nós onte, -se non o eramos abondo antes-, entramos a formar parte da tribo.

Aquí vos queda algunha fotiño do concerto. Dentro de pouco iremos actualizando a información, co fenomental traballo videográfico que desenvolveu a xente de Borneira Audiovisual. Tamén vos queda aquí a promo.

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/zenzar" carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

 

Vindeiros concertos

730420884_1337790048570468_6286346550883443914_n.jpg }26 Xun 2026
Festas de Bandourrio
Ribeira
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
710537020_1030089276250637_1659121370876748853_n.jpg }27 Xun 2026
FoliAgra
A Agra do Orzán - A Coruña
709425968_122186507174772052_9087733860819079670_n.jpg }26 Xun 2026
Fumega Fest
Parque do Pasatempo - Betanzos
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
727834649_3142290562632227_1320068242635876020_n.jpg }26 Xun 2026
Rural Fest 3º Olimpíadas Rurais de Galicia
Praza Andón Cebreiro - Friol
semana-cultural-de-mañufe-gondomar_img46928n1t0.jpg }26 Xun 2026
VI Semana Cultural de Mañufe
Mañufe (Gondomar)
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
712743951_18271514314295813_1242410693377742684_n.jpg }27 Xun 2026
XIII Festival Folk do Carboeiro
Paseo do Carboeiro - Sigüeiro, Oroso (Oroso)
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)