A semana musical comezou xa o pasado mércores 16 de maio. Había varias opcións interesantes, mais GZmúsica escolleu a visita da Compañía do Ruído ao Aturuxo de Bueu. Os do Barbanza andan a armar de volta unha formación poderosa que promete dar tralla no verán. Viñeron presentar o seu último traballo, que podes escoitar no interior do artigo.

Suso Bello e Carlos Mariño seguen a ser as voces dun proxecto reactivado hai cousa dun ano. Tamén segue Sabela Olivares na gaita e piano. Hai máis caras coñecidas na banda, -mesmo entre os que soben botar unhas pezas de improviso-, e a sensación primeira é a de se atopar cunha versión reducida Compañía do anterior período. Incluso o repertorio non variou en exceso. Seguen a aparecer os grandes éxitos do bo disco gravado no 2005. A primeira sorpresa vén cando buscamos o baixo. Non o hai e no seu lugar entra a tuba de Ismael Guisande. Porén, a mudanza máis importante vai no camiño oposto. Como lle dixo o Suso Bello a un do público que lles pedía máis rumba: Aghora todo é punchi punchi. Desde logo a Compañía soa máis roqueira, -a ausencia do gaiteiro Juancho Rivas quizais axudase a isto-, e non lle queda mal o traxe ao seu repertorio. Funcionar, funcionou moi ben a proposta no Aturuxo. O público non foi numeroso, máis ben ao contrario, pero acabou metido de cheo no concerto. E pedindo bises deseguido. Tanto, que se chegou ás versións e aí, entre rumbas e temas de La Polla Records, a Compañía confirmou que segue a estar presente para a festa. 

E quen o queira comprobar, pode ir sábado 26 de maio á Noite Irmandiña de Seixalbo, Ourense, onde estarán armando a festa a canda The Turre's Band, Tabú e The Teta's Van.

Aquí vos deixamos unhas fotos de Xabicas, que pagan moito a pena.

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/companhia"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

E aquí tedes o novo disco:

Vindeiros concertos

795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
841084073_18080460158709235_4012768790645538583_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
Voces e Cordas nunha Tarde de Outono
Local Social Liga de Amigos de Barallobre - Barallobre (Fene)