O venres 22 de xuño, Compostela foi escenario dunha das citas musicais senlleiras do ano. E non foi o bolo de Björk na Cidade da Cultura. A islandesa cumpriu o frío guión e os fans gustaron. Mais o que realmente fervía na cidade era a praza de Santo Agostiño. Alí mora O Leo e na súa casa reuníu unha trintena de amigxs e gravou o seu terceiro traballo para abraio de veciñanza e turistas. GZmúsica estivo aló...gravando desde o poleiro.


Terceiro disco...e iso que do segundo aínda non se sabe nada! Para desesperación de wikipedistas e amigxs da clasificación, O Leo e familia non obedecen os ordinais nin lóxica ningunha, mais si que seguen a saber largar lostregazos punk no medio da poesía haicú. Con Juan de Liska e Ovos Podres á batería e Marcos Payno no son, o de Matamá gravou dunha tirada, sen ningún tipo de ensaio previo e coas colaboracións de García mc e As Piconas do Irixo, un disco que logo ha estar dispoñible na rede. O contido: moitos dos temas que levou nas súas actuacións ao longo do país nos últimos anos e algunha novidade para os que o imos vendo de ano en ano, mais que semellaba coñecida polxs máis fans. Aquí vos deixamos os 10 minutos finais. Había xente gravando o concerto a varias cámaras e con mellor calidade, material que imaxinamos que subirán á rede nas vindeiras semanas, andade atentxs!

Ver o vídeo

Vindeiros concertos

671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)