O pasado domingo 16 de setembro, o Aturuxo de Bueu foi a segunda paraxe da Xira Bruta. Martelo, un trío de rock galego de nova factura, presentábase diante da parroquia roqueira do Morrazo. Convenceron cunha proposta de calidade que trae arrecendos diversos ao rock americano de distintas épocas. GZmúsica estivo aló. Aquí vos deixamos vídeos e fotos do concerto.


Arredor de 50 persoas, -fican lonxe os tempos en que as bandas enchían salas con facilidade-, gozamos coa segunda entrega da Xira Bruta, tour de apresentación desta nova formación. Xacobe Martínez Antelo, ao baixo e á voz; Manuel Cebrián á guitarra e Max Gómez á batería compoñen Martelo. Banda que malia a experiencia jazzística dos seus integrantes realiza un power rock contundente. Moitas semellanzas con Rage Against The Machine ou Red Hot Chili Peepers na súa sonoridade. Tamén relembran a Hendrix, nomeadamente cando o protagonismo recae na guitarra de Cebrián. Pero desde logo, o que sorprende moitísimo é a calidade e mais a conxunción entre os músicos nunha banda que leva só dous concertos na súa cortísima vida. Estamos diante da revelación da música galega deste ano? Xulgádeo vós...


Un outro vídeo da súa actuación no Aturuxo:

E coma sempre que nos achegamos polo Aturuxo, o Xabicas deixounos unha colección de fotos impresionantes:

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="MartelonoAturuxo"}{/artsexylightbox}


texto: lavesedo

fotos: xabicas





Vindeiros concertos

784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
794648230_1165453665820317_3194683226706126818_n.jpg }25 Set 2026
5 Vialia´s Festival
Centro Comercial Vialia - Vigo
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
811303792_1058595770146237_2618456850666685060_n.jpg }25 Set 2026
XXXIV Rock in Cambre
Campo da Feira - Cambre