Pasaron algo máis de 5 meses do concerto presentación do disco "Vaise armar" no Mesón do Bento. E o pasado venres 12 de outubro voltamos trasladarnos á provincia da Coruña para asistir a un dos concertos desta xira, na que seguen embarcados os Zënzar. Desta vez collemos a furgo ata Laracha, para acudir ao Pub D´Antón e gozar con estes cercedenses.

Cando chegamos ao local semellaba estar medio baleiro, pero preto da media noite, pode que polos primeiros acordes que comezaban a soar, pode que por cousa da hora bruxa.... a cousa é que nun anaco estaba case a rebosar. Dende o primeiro tema a banda deixaba toda a enerxía que podía no escenario, non hai máis que velo nas súas caras, nelas séntese que o rock galego sáelles dende dentro! Que son o que mostran! Que por moito cuarto de século que pase seguen a ser os mesmos que hai anos.
A banda á par,te de seguir a presentar os temas do seu último disco como o que lle dá o nome "Vaise armar" ou "Teño unha casa no cemiterio", non esquenceu lembranos outros anteriores como poden ser "Doutor", "A raeñala", "A culpa foi de Leño", "Rastafari popular" ou "Arrastrado". Aínda que os que mostraron unha maior complicidade cos seareiros foron "a tribu" ou "o reverendo", fose como fose os asistentes coñecían todos os acordes e letras do grupo. O que demostra que xogar ao carón da casa fai que acodan ademais dos seguidores todos os amigos, o que facía que Bocixa chamase por algún dos asistentes polo seu nome. Este foi o caso de preguntar: Está por aí Carliños? Pois resultou que si estaba, e este mozo, tamén cercedense, máis coñecido como Gendebeat animouse a facer unha colaboración en “A forza da palabra”.

A pesar de que o grupo amenazaba con rematar o concerto cunha versión de “Tiven un bar” que soaba a bossanova, aínda tiveron forzas para facerlle caso o entusiasmado público e botarlle unha versión do coñecido “O tren” de Andrés Do Barro, ou “O padriño”, mitico son que ata coñecen os que cren non coñecer os Zënzar, grazas o disco recopilatorio de “A per loca”. Si, dígoo por experiencia propia e dalgúns amigos. Sexa como fose os da 1ª fila xa estaban máis enriba do escenario que embaixo cantando ao micro. Neste momento a temperatura e o alboroto do público non podia ser maior, pero como sempre ocorre…cando estas no mellor da festa remata…dá igual o que dure sempre hai un fin, e sempre nos sabe a pouco. Así que nos deixaron con “Cheira mal”que fixo que o local semellase unha revolta popular e unha versión da rancheira “Volver, volver” de Vicente Fernandez.

Por se a algún de vos tamén lle soubo a pouco, ou quedastes coas ganas, podedes velos o 19 de outubro  no Pub de Leo (Castenda da torre-Tordoia) ou o 10 de novembro na Sala Mardi Gras (A Coruña), ou se non acompañados do grupo Dr. Garimba o 3 de novembro no Pub Gales (Betanzos) ou o 7 de decembro na Sala A Reserva (Carballo).

Aquí tedes unha galería con máis de 40 fotos do concerto:

{artsexylightbox path="images/stories/2012/concertos/zenzar/dantonlaracha"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}


Texto e fotos: Lety GF

Vindeiros concertos

713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo
722407883_18340218256223674_4120563451539872621_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Foliada Seisporoito
Praza García Barbón - Verín
713123644_1599015228897946_4464592367139630243_n.jpg }26 Xun 2026
09:30PM -
Anxo Araújo
Anfiteatro do Paseo Fluvial - Arteixo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.