O pasado sábado 17 de novembro, o Recinto Feiral de Pontevedra acolleu o concerto homenaxe ao Voluntariado do Prestige. 10 anos despois da traxedia que enchoupou en chapapote rochas, fondos mariños e corazóns, organizouse esta homenaxe en Pontevedra desde a Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra, un dos colectivos integrantes de Nunca Máis.


Nós chegamos cando xa Os 3 Trebóns remataran a súa actuación. O primeiro que nos sorprendeu foi ter que pagar unha entrada na porta, de 7 €. Non é que non nos pareza lóxico pagala, pero a cartelaría do concerto non especificaba nada ao respecto e moitas e moitos pensaramos que era de balde. A seguinte sorpresa foi o pouco público congregado. Apenas 500 persoas agardaban a saída de Sés, mentres o Trío Tiroliro rescataba vellas consignas de hai dez anos desde o escenario. Tan só publicitado na comarca de Pontevedra e con pouca presenza nas redes sociais, o concerto homenaxe competía con varias actuacións, tanto na  propia cidade de Pontevedra como noutras comarcas das Rías Baixas, que de certo lle restaron moita afluencia. Desde logo, as previsión de asistencia habían ser outras, pois o lugar escollido, -Recinto Feiral de Pontevedra-, ten capacidade para albergar unhas 5.000 persoas con comodidade, polo que o aspecto desde a entrada era desolador.

Ao que nos deu para coller un par de cañas, -a prezos realmente populares, isto si un grande acerto-, comezou a actuación de Sés. A cantante presentou o formato acústico, acompañada tan só por Tito Calviño á guitarra. Un formato idóneo para pubs e espazo pequenos, pero que na inmensidade dun recinto practicamente baleiro facíase moi estraño por momentos. Tampouco axudaban a frialdade dun público heteroxéneo pero no que abundaban as persoas de máis de 40 ou 50 anos, pouco habituais deste tipo de concertos. Por riba, o xeito de enfiar os temas de Sés, con longas paroladas co público, -que seguramente poden resultar efectivas nas distancias curtas-, axudaba a aumentar a sensación de estrañeza. Persoalmente, fixósenos un pouco longo e se ben algún dos magníficos temas da estrea en solitario de Sés levantaron o ánimo por momentos, os longos impasses e o ambiente calmo facían complexo deixarse levar pola enerxía que, -iso é indubidable-, desprende Sés.


{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="SesenPontevedra"}{/artsexylightbox}

Despois viñeron os Ruxe. Sinceramente, despois de ver a resposta do público diante de Sés, -por veces, pensamos estar asistindo a un concerto en Estrasburgo ou calquera outra pulcra e formal cidade centroeuropea-, tiñamos curiosidade por ver como os Ruxe se desenvolvían nese contexto. Saíron tamén un chisco fríos, quizais expectantes, como con medo de que o público, -as apenas 300 persoas que aturaron até o final-, quedase entalado ao ver a súa presenza.

Non tal. Tampouco é que houbese pogos salvaxes ao pé do escenario, pero o certo é que, timidamente, uns cantos seareiros dos Ruxe foron tomando as primeiras posicións e a cousa foi. Derriba do escenario, tamén todo funcionou ben, cun son bo e coa solvencia ao vivo á que nos ten avezados a banda compostelá. Con todo, tamén por momentos a mesma sensación que sobrevoou o concerto de Sés volveu aparecer, para deixar un gusto final estraño, na liña dunha noite que tiña os ingredientes para ser unha festa e rematou sen chegar a selo. Quizais o problema fose no fondo o que Vituko explicou desde o escenario: Ningún de nós querería estar a celebrar o décimo aniversario dunha catástrofe.


{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="RuxeRuxeenPontevedra"}{/artsexylightbox}


texto e fotos: lavesedo

   

Vindeiros concertos

679193403_1391226686384701_2339561418563834496_n.jpg }30 Abr 2026
26º Pampallín
Praza de Galicia - Outes
682839600_18103362179493151_2214499021029470659_n.jpg }01 Mai 2026
Festa da Xuventude da Ponte Ulla
A Ponte Ulla (Vedra)
673956261_1251545983821420_3081834981962470201_n.jpg }01 Mai 2026
Portonovo Gastronómico
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
616199202_10162321036120913_6913004246934330996_n.jpg }01 Mai 2026
Troneira Fest
Campo da Torre - Pontevedra
674254567_1415045733995442_7837628195274713169_n.jpg }01 Mai 2026
XXXIII Feira do Viño de Vilachá
Vilachá (A Pobra do Brollón)
658982086_1553295299979519_5273056036184037261_n.jpg }01 Mai 2026
12:00PM -
V Feira do Disco de Ferror Records
Centro Cívico de Canido - Ferrol
683646411_978270538055540_6841457591023277779_n.jpg }01 Mai 2026
12:00PM -
Os Carricantos
Mondoñedo
673865387_1552668050049530_8272632411917935566_n.jpg }01 Mai 2026
01:00PM -
Pequerachada da Baña
Área Recreativa Agra de Chans - A Baña
679693779_1401408012021174_77311365909958300_n.jpg }01 Mai 2026
01:30PM -
Loita Amada
CS Artábria - Ferrol
680225385_1366871228809562_7423443100452811744_n.jpg }01 Mai 2026
05:30PM -
XXXVIII Día da Muiñeira
Praza 8 de Marzo - Cee