O Coro Tradicional Cantares do Brión de Vincios (Gondomar) infórmanos da segunda edición do Cantares no Miñor. Será o sábado, 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal Quinto Centenario. Presentará o Leo de Matamá e actuarán o propio coro organizador e mais a Coral De Ruada, de Ourense.

Se no I Encontro acudiu ao Val  Miñor o coro Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, nesta ocasión será a tamén histórica agrupación Coral De Ruada quen nos visite. En 2011 foi Cántigas da Terra, da Coruña, quen estivo na presentación oficial de Cantares do Brión, en Vincios, realizando o apadriñamento desta formación.

O repertorio de cada coro é, fundamentalmente, de orixe popular, a base de foliadas, alalás, pandeiradas, maneos..., pero tamén haberá pezas de nova creación, sempre con base na música tradicional de Galicia.

A organización do evento corre a cargo de Cantares do Brión, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Baiona.

A entrada é de balde, até completar aforo. Podes ampliar información en valminor.info.


Vindeiros concertos

839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas
838628691_18625638427023408_3571421593157765841_n.jpg }31 Out 2026
MJ Pérez
Festival Nortear - Paredes de Coura (Portugal)
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
834019469_1673391084349308_4928258834912975478_n.jpg }31 Out 2026
11:00AM -
XVIII Tasca do Liño
A Insua, Vilapedre (Vilalba)
837538440_1059369630054548_7190301210944604087_n.jpg }31 Out 2026
08:00PM -
Polavila en Piornedo
Palloza de Perdigón - Piornedo, Donís (Cervantes)
825286734_122204727008858362_1423312708534363383_n.jpg }31 Out 2026
08:30PM -
Minguante
Piruchela Colectivo - Neda
699560086_954327040817816_7943596673071656514_n.jpg }06 Nov 2026
Fillas de Cassandra
Sala La Riviera - Madrid (España)