O pasado domingo 3 de marzo, os Camarada Nimoy levaron o seu directo até o Aturuxo de Bueu. Estivemos alí e gustamos moito do que vimos e escoitamos. Surf instrumental. Teremín. Proxeccións. Unha versión dos Pixies. O directo do grupo vigués testemuña os anos de experiencia en distintas formacións dos seus integrantes, e soa coma poucos no país.

Gran concerto de Camarada Nimoy no Aturuxo. Entrada cativa para o que merecía a ocasión, -había outros 3 concertos polo menos no Morrazo esa mesma noite-, mais queda o placer de ter presenciado un dos directos máis interesantes do panorama galego destes anos. Tan espartanos en palabras coma xenerosos, -e virtuosos-, na creación de atmosferas e sensacións coa súa música. Acompañados da proxeccións de films antigos, -de coches, de obxectos imposibles,...-, Camarada Nimoy preséntase cunha formación de batería, baixo e 2 guitarras, ás que se engaden efectos e distorsións sonoras e de cando en vez a sonoridade de serie b do teremín. Camiñan polo surf, o swing e o jazz, -segundo eles propios-, e por veces lembran os Pixies, dos que fixeron, -até onde nós coñecemos-, a única versión do concerto, Cecilia Ann.


Vídeos



Vindeiros concertos

712390918_10230563949634328_1488412753593299232_n.jpg }11 Xun 2026
Centenario da Casa Galicia de Bilbao
Bilbo, Bizkaia (Euskal Herria)
681292662_17878028256590054_5770319039361754612_n.jpg }12 Xun 2026
Festa Raxada
Campo de Fútbol da Comunidade de Montes - Couso ( A Estrada)
720449109_1622468619686229_6560093652343301601_n.jpg }13 Xun 2026
Festas Patronais Santo Antonio e Santa Cristina
Palavea, Elviña (A Coruña)
san-antonio-y-corpus-christi-de-mañufe-gondomar_img3842n1t0.jpg }12 Xun 2026
Festas de Mañufe
Mañufe (Gondomar)
710537020_1030089276250637_1659121370876748853_n.jpg }13 Xun 2026
FoliAgra
A Agra do Orzán - A Coruña
709166448_17966543112118317_4215486446949257072_n.jpg }13 Xun 2026
Foliada e XXIV Romaría do Lecer
Anfiteatro do Parque de Santa Margarida - A Coruña
692095581_1616472630479387_3060257882635368261_n.jpg }13 Xun 2026
IX Foliada A Chocolateira
Asociación Cultural A Chocolateira - A Pontenova
684250225_18350206219209030_7573060384797457535_n.jpg }13 Xun 2026
Sardiañada e Festa do Pemento
Cantine de Sauvabelin - Laussane (Suíza)
718967496_1602562368536659_5384793962536208865_n.jpg }13 Xun 2026
X Noceda Rock
Carballeira de Lamas - Lamas, Noceda (Lalín)
718061662_1599836525476294_2612822208746121924_n.jpg }13 Xun 2026
XXXIX Festa da Cereixa
Beade (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.