Si, señoras, si. Había quen non daba un peso euro por nós, pero aquí vos estamos a piques de facer un ano na rede. Co programa de TV acabadiño de estrear e con centos de artigos, fotos e vídeos xa no lombo. E como supoñedes que ten que festexar unha web dedicada á música galega o seu primeiro aniversario?


Pois loxicamente cun concerto de música do país Wink. Será no Salason de Cangas, o vindeiro 13 de abril. Tocarán Zënzar e O Sonoro Maxín. Comezaremos puntualiños, ás 21:30h, para rematar contra a medianoite non vaia ser que tamén a poli local queira unirse á festa. E despois dos concertos, picada de música galega no Guerrilla Radio Bar de Suso Soak.

As entradas adiantadas, até o día 11 de abril, custarán 5 € e pódense mercar en Vigo e Cangas. Na vila do Morrazo, no Guerrilla Radio Bar, -a de Suso-, e na Libraría A Esmorga, -a de Fran-. E en Vigo, no Rústiko, na rúa Irmandinhos, -a de Anxo-. Probablemente engadamos algún outro punto de venda nos vindeiros días. Iso si, sempre tedes a opción de mercalas adiantadas on-line, enviando un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., alí vos explicaremos como mercar on-line. Estamos a traballar para que non nos leve un can banco ningún, vía mail vos contaremos como facelo. O prezo na porta será de 8€, pero tendo en conta o aforo do Salason, -arredor das 130 persoas-, é probable que se venda todo adiantado. O que avisa...

E por que cobramos? Pois porque montar un concerto custa diñeiro, -tampouco moito-, e porque non queremos que os grupos veñan tocar gratis, (aínda que se ofreceron a facelo e outras bandas tamén). O importe das entradas será para as bandas, despois de descontar os 150€ que aproximadamente nos custará organizar o evento, cartelaría, etc.

Pouco máis polo de agora, simplemente convidarvos á festa, con dúas das bandas galegas cun directo máis potente...iremos ampliando información nos vindeiros días.

{fcomments}




Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas