Mércores 20 de marzo presentouse en rolda de prensa o ciclo de concertos REDE DE MÚSICA SOLTAS que programa aCentral Folque, Central Galego de Música Popular e promove o Concello de Rianxo para recitais no Auditorio da vila durante as estacións de primavera e outono deste 2013. O ciclo comeza HOXE venres, con Fred Martin e Ugia Pedreira, primeiro dos seis concertos desta rede.

Na rolda ante os medios falaron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque e artista que abre o ciclo este venres acompañada de Fred Martins. Ambos destacaron a importancia de manter activa a programación cultural durante todo o o ano e da oportunidade para o público local e da bisbarra achegar artistas que están traballando desde diversos eidos da vangarda da música popular. A procura de crear e asentar un público fiel á música ao vivo por un módico prezo (as entradas son a 5 € e hai posibilidade de mercar un abono para os seis concertos) aberto a todo o mundo.



Esta é unha rede tecida con concertos de autores galegos ou que viven en Galicia sendo doutras partes do mundo. Tamén son recitais de presentación de proxectos en activo, así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio (Son brasilego) e Davide Salvado (O ladrón de amorodos), a próxima estrea de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos Trio, Dúo Fdez & Quintá e as cancións inéditas en Acrobata, o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira.

O primeiro concerto será este venres 22 de marzo a partir das 20.30 h coa dupla atlántica de Fred Martins e Ugia Pedreira que farán un repaso por temas do seu disco Acrobata así coma presentarán algún inédito e descartes que non chegaron a ver a luz na publicación do CD.

Acrobata é música saborosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense.

{fcomments}


Vindeiros concertos

724282031_1433852392122130_5242187394000999143_n.jpg }19 Xun 2026
San Xoán O Freixo
O Freixo, Valadares (Vigo)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo
722407883_18340218256223674_4120563451539872621_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Foliada Seisporoito
Praza García Barbón - Verín