Caravana de EmerxenciasA Caravana de Emerxencias vén de ter a súa primeira parada en Compostela. Celebrouse o pasado xoves 4 e a novedosa iniciativa de Chotokoeu, The Skarnivals e Skarallaos foi un éxito de público. Apadriñados polos Swingdigentes, as bandas fixeron gozar os asistentes e, polo que puidemos saber, estes agradecérono á saída, onde coas súas achegas posibilitaron que a experiencia fose un éxito. Pois que veñan máis! Crónica e fotos de Lety GF no interior do artigo.


O pasado xoves 4 de abril achegámonos ata Compostela. A sala Capitol acolleu unha nova iniciativa, que ata o de agora nunca se vira nas salas do país, mais si nalgún festival, como o Fiestizaje, de Vilafranca do Bierzo - tamén coñecido como festival de gorra-, non só porque o acceso sexa gratuíto, senón porque pasan unhas gorras pola zona de acampada, para que os seareiros pidan apoiar se é a súa vontade o festival, e sexa posible a súa continuidade. Esta caravana parte como experimento para probar esta fórmula en sala. Polo tanto a entrada foi de balde e o prezo púñano os asistentes ao rematar o espectáculo. Esta idea trouxérona os presentadores do festival, os madrileños Swingdigentes, acostumados a facer espectáculos de gorra nas rúas. Contaron coa colaboración de 3 bandas emerxentes galegas. Os buenenses The Skarnivals e os coruñeses Skarallaos e Chotokoeu.

Cando chegamos á porta da sala, xa había unha morea de xente a esperar que abrisen as portas, falando, bebendo, etc. A verdade  non lembro nos últimos anos atopar tanta xente na porta da sala. The SkarnivalsCando entramos, os presentadores, Swindigentes, xa estaban montando festa nun pequeno escenario improvisado baixo o lado dereito do escenario grande. Despois foi a quenda de The Skarnivals. Estaba banda formada por 10 compoñentes comezaron o concerto con "Crónica de una revolución anunciada". E durante o concerto amosaron desde os primeiros temas, como poden ser "La mala reputación", "Ni chicha, ni limoná", "La guasa civil" ou "Deskiciadamente" ata algúns dos últimos como "Barman", "lamas Condenadas" ou "Tontón Macute". Para rematar, "Historias do mar" e "Pensando en galego".

Para amenizar o cambio Swingdigentes voltaron ao escenario improvisado, mentres Chotokoeu se ían Chotokoeupreparando. A banda comezou "Transxénica" para seguir con "Tashkäl". Tamén tocaron entre outras "Siéntete libre", "Ortigueira", "El grito" ou "Terrorista", nos que amosaron a súa mistura de diferentes estilos, ska, reggae e rumba. Chegou a súa fin con "O ritmo que bailas" e "Alibabá" na que o malabarista da banda metía algo máis de tralla incluíndo algo de Drum'n'Bass desde os pratos. E co remate duns, a reaparición doutros. Non fose ser que os Skarallaos quedasen sen presentar.

Estes cinco rapaces entraron con forza. SkarallaosCantáronlle ao "Cacique", á súavila, "Culleredo·, as ganas que teñen de "Volar" e ao "Traballo temporal". A medida que avanzaba o concerto, os ritmos e a festa ían subindo, "Menú del día·, "Mentía", "Calypso", "Sin fronteras" e para rematar unha que todo o mundo coñecía, "Bella ciao".

Agora só queda saber como foi a iniciativa. Oxalá fose ben, posto que a sala estaba chega e teñamos máis oportunidades de gozar de máis espectáculos "de gorra".

Crónica fotográfica dos concertos

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb"picasaAlbum="caravanaemerxencias"}{/artsexylightbox}

Crónica e fotos: Lety GF

{fcomments}

Vindeiros concertos

795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
841084073_18080460158709235_4012768790645538583_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
Voces e Cordas nunha Tarde de Outono
Local Social Liga de Amigos de Barallobre - Barallobre (Fene)