O venres 13 de marzo, dúas das mellores bandas de rock galegas do momento, Dakidarría e Nao, deron un concerto na Capitol. Dentro do seu GZ Tour De cuncas e de mar, os do Val Miñor convidaron os Nao para ofrecer un concerto memorable. Até aló foron Lety GF e C. Gende, para nos traer este resumo. Fotos, vídeo e crónica do que alí aconteceu.

O pasado venres 13, deixando a un lado as crenzas dalgúns países occidentais, pasamos completamente do día da mala sorte dos iankis, non só porque non creamos nestas  cousas senón porque á parte en estados como España ou Grecia son máis de martes 13. Así que xa cara á tardiña algúns gzmusiqueir@s collemos de mochila e achegámonos a Capitol, previo viño con tapa no Piorno,  por iso de que cadraba de camiño. Dakidarría achegábase até Compostela para presentar na cidade de Prisciliano -eu diría máis ben vila algho ghrandiña- a súa xira "De cuncas e de mar". Como xa moitos sabiades, ben fose polos cartaces, polas redes sociais ou porque vistes o último programa de Gzmusica TV, viñan acompañados polos Nao.

Desta volta tamén vimos moitas camisolas de Nao entre o público, máis non tantas como na Candeloria. Nao amosáronos unha vez máis temas do seu último disco e dos anteriores. Coma é habitual escoitamos letras deles, de Zeca Afonso -coa que se non lembro mal pecharon o concerto- e non deixaron de berrar Venceremos nos!!! Mais desta vez non só invitaron a colaborar á cambadesa Paulinha na canción "Je veux", na que tamén colabora no EP de "Cartas no caderno". Por certo, canción que invito a que descubrades se non a coñecedes, tanto esta cover  coma a canción orixinal da francesa Zaz. Desta volta tamén os acompañou a vilagarciá Patty Castro. Seguramente moitos de vos a coñezades por ser a exvocalista do grupo Meigha, outr@s coma min pode que o primeiro contacto que teñades dela sexa por ser a impulsora e coordinadora do proxecto Mulleres Galegas Kañeras. Se non o coñecedes podedes ollar os vídeos que fixeron tras o Verkami.

E xa que falamos de Verkami... seguimos co tema.  Os protas da noite tamén fixeron un, que rematou en xaneiro. Mais estes fixérono para regravar algúns dos seus temas en castelán en galego. E é unha colaboración co colectivo humanitario Que voltem a casa, que defende os dereitos d@s pres@s independentistas galeg@s. Pero mellor que volo conten eles. 

Mudando de tema o que atopamos neste directo foi algunha que outra cara nova entre tanta coñecida, cando menos para as que vai perto dun ano que non cadramos nun directo desta banda.

 Os ventos Juaqui e Anxo agora van acompañados por Beler ao trombón. A batería Maki, que a algúns xa vos soará por outras bandas como Obrint Pas. E o baixo entrou Isra "Ligre". Coma sempre á fronte das voces e as guitarras están Gabri e Simón, e un pouco máis escondidiño dándolle as teclas Carlos. As cancións xa por tod@s @s seus seguidor@s coñecidas  daban fin -como era de supoñer polo nome da xira- coa canción "Terra", na que retomaron o escenario Jasper o cantante de Nao e tamén visitou Garcia MC. Supoño de todas estas colaboracións veredes algo no vídeo que está a montar o compa C. Gende.

Aquí tedes todas as fotos...

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="nao_dakidarria_capitol"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

E aquí un pequeno vídeo resumo

TEXTO: Lety GF

FOTO: Lety GF

Vídeo: C. Gende

{fcomments}

Vindeiros concertos

839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas
838628691_18625638427023408_3571421593157765841_n.jpg }31 Out 2026
MJ Pérez
Festival Nortear - Paredes de Coura (Portugal)
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
834019469_1673391084349308_4928258834912975478_n.jpg }31 Out 2026
11:00AM -
XVIII Tasca do Liño
A Insua, Vilapedre (Vilalba)
837538440_1059369630054548_7190301210944604087_n.jpg }31 Out 2026
08:00PM -
Polavila en Piornedo
Palloza de Perdigón - Piornedo, Donís (Cervantes)
825286734_122204727008858362_1423312708534363383_n.jpg }31 Out 2026
08:30PM -
Minguante
Piruchela Colectivo - Neda
699560086_954327040817816_7943596673071656514_n.jpg }06 Nov 2026
Fillas de Cassandra
Sala La Riviera - Madrid (España)