O venres 13 de marzo, dúas das mellores bandas de rock galegas do momento, Dakidarría e Nao, deron un concerto na Capitol. Dentro do seu GZ Tour De cuncas e de mar, os do Val Miñor convidaron os Nao para ofrecer un concerto memorable. Até aló foron Lety GF e C. Gende, para nos traer este resumo. Fotos, vídeo e crónica do que alí aconteceu.

O pasado venres 13, deixando a un lado as crenzas dalgúns países occidentais, pasamos completamente do día da mala sorte dos iankis, non só porque non creamos nestas  cousas senón porque á parte en estados como España ou Grecia son máis de martes 13. Así que xa cara á tardiña algúns gzmusiqueir@s collemos de mochila e achegámonos a Capitol, previo viño con tapa no Piorno,  por iso de que cadraba de camiñoDakidarría achegábase até Compostela para presentar na cidade de Prisciliano -eu diría máis ben vila algho ghrandiña- a súa xira "De cuncas e de mar". Como xa moitos sabiades, ben fose polos cartaces, polas redes sociais ou porque vistes o último programa de Gzmusica TV, viñan acompañados polos Nao.

Desta volta tamén vimos moitas camisolas de Nao entre o público, máis non tantas como na Candeloria. Nao amosáronos unha vez máis temas do seu último disco e dos anteriores. Coma é habitual escoitamos letras deles, de Zeca Afonso -coa que se non lembro mal pecharon o concerto- e non deixaron de berrar Venceremos nos!!! Mais desta vez non só invitaron a colaborar á cambadesa Paulinha na canción "Je veux", na que tamén colabora no EP de "Cartas no caderno". Por certo, canción que invito a que descubrades se non a coñecedes, tanto esta cover  coma a canción orixinal da francesa Zaz. Desta volta tamén os acompañou a vilagarciá Patty Castro. Seguramente moitos de vos a coñezades por ser a exvocalista do grupo Meigha, outr@s coma min pode que o primeiro contacto que teñades dela sexa por ser a impulsora e coordinadora do proxecto Mulleres Galegas Kañeras. Se non o coñecedes podedes ollar os vídeos que fixeron tras o Verkami.

E xa que falamos de Verkami... seguimos co tema.  Os protas da noite tamén fixeron un, que rematou en xaneiro. Mais estes fixérono para regravar algúns dos seus temas en castelán en galego. E é unha colaboración co colectivo humanitario Que voltem a casa, que defende os dereitos d@s pres@s independentistas galeg@s. Pero mellor que volo conten eles

Mudando de tema o que atopamos neste directo foi algunha que outra cara nova entre tanta coñecida, cando menos para as que vai perto dun ano que non cadramos nun directo desta banda.

 Os ventos Juaqui e Anxo agora van acompañados por Beler ao trombón. A batería Maki, que a algúns xa vos soará por outras bandas como Obrint Pas. E o baixo entrou Isra "Ligre". Coma sempre á fronte das voces e as guitarras están Gabri e Simón, e un pouco máis escondidiño dándolle as teclas Carlos. As cancións xa por tod@s @s seus seguidor@s coñecidas  daban fin -como era de supoñer polo nome da xira- coa canción "Terra", na que retomaron o escenario Jasper o cantante de Nao e tamén visitou Garcia MC. Supoño de todas estas colaboracións veredes algo no vídeo que está a montar o compa C. Gende.

Aquí tedes todas as fotos...

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="nao_dakidarria_capitol"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

E aquí un pequeno vídeo resumo

TEXTO: Lety GF

FOTO: Lety GF

Vídeo: C. Gende

{fcomments}

Vindeiros concertos

713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
731334635_1543177007821370_6276157069984479834_n.jpg }25 Xun 2026
09:00PM -
Pablo Múñiz e Pablo Pascual
Fundación Sales - Vigo
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
727834649_3142290562632227_1320068242635876020_n.jpg }26 Xun 2026
Rural Fest 3º Olimpíadas Rurais de Galicia
Praza Andón Cebreiro - Friol
semana-cultural-de-mañufe-gondomar_img46928n1t0.jpg }26 Xun 2026
VI Semana Cultural de Mañufe
Mañufe (Gondomar)
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo