Lety GF segue a nos mandar as súas crónicas capitalinas. A nosa compañeira -morrasense coma case todxs nós- anda por Compostela e non perde ocasión de se achegar até algún dos concertos que hai pola capital. Porque malia as poucas miras e moita incultura con que algúns quixeron -e queren- calar a música en Compostela, esta segue. Eis un exemplo, na súa crónica da Festa do dezassete na Gentalha do Pichel, con fotos de Lucía Mallo.

Pois velaí imos co seguinte capítulo. Xa lle preghuntastes a alguén que tal foi Kusturica na Quintana? Pois eu vouvos contar como foi a Festa do dezassete de maio pola capital, aínda que se celebrou nos días 15 e 16.

O venres 15 despois do concerto do que vos trouxen un vídeo na última reportaxe, achegueime  até a CSOA Escarnio E Maldizer, pensando que non ía chegar para escoitar a pinchada de Sapoconcho Sem poncho e resulta que aínda cheguei ás últimas pezas do grupo "Sesión vermú" e pra cear uns anacos dunha moi rica empanada de espinafres.
Estas festa polas Letras Galegas comezaba a sexta-feira, pero o sábado tería moitas máis actividades, nelas aparte da Escarnio e Maldizer participaban a CSA do Sar, a escola Semente, a asociación Itaca, AGAL e a Gentalha do Pichel.
A miña xornada do sábado comezou a iso das 6 da tarde na Praza do Pan (para os que compartades a miña incultura coa historia compostelá, é a actual Praza de Cervantes) cunha foliada coa xente que cursamos diferentes actividades nas  asociacións e locais que organizaban. Resulta que o concello só nos deu permiso para unha hora de foliada nesa praza, despois tivemos que nos desprazar para outra porque onde estabamos tiña que actuar unha coral. Eu e un compañeiro no momento que marchabamos para a outra nos preguntamos... e estes van cantar en galego? Porque sería de pena que o goberno da capital dese preferencia a algo foráneo antes que a algo feito pola celebración do día das Letras Galegas...
Eu unha horiña despois xa fixen a 13-14 pois quedara para cear coa moza que desta volta vos trae a reportaxe fotográfica. Porque si, despois da cea dirixímonos cara á entalha para ver a The teta´s Van e a Nao.

Por primeira vez puiden ver ás Teta´s Van en concerto, xa que non é unha banda que mire habitualmente nos cartaces e cando as vexo non me cadra de man. A verdade que a banda me gustou, basicamente facían versións unhas na lingua orixinal e outras en galego. Algunhas cancións escollidas son as mitiquísimas Rolling on the river (na que a miña cachola xa cantaba vogha pola ría), One way or another de Blondie ou These boots are made for walking de Nancy Sinatra, pasando tamén por Me gusta ser una zorra das Vulpess, que non sei que lles pasa as bandas femininas con esta cover das Vulpess... porque mira que non teñen cancións mellores no seu escaso repertorio.

Tras elas viña Nao, a verdade que non hai maneira con eles... vaian onde vaian os seus seareiros éncheno todo... Lucia contábame que estaba redescubrindo a banda, que facía anos que non a miraba, e eu ao revés, non coñezo os seus inicios, é por iso que a primeira vez que os vin moitas das cancións que non che me soaban de nada, así como algunha de Coas túas mans si, e de Cancións  de amor e liberdade éranme coñecidísimas, agora hai que engadir as Cartas no caderno que estas si que xa de pe a pa. O que si vos digo e que se vos gustan, ou queredes coñecelos vaiades bulindo, e se non sabedes porque vos digo isto, entrade na súa web a ver/escoitar o que nos contan na primeira parte do seu documental Apocalipse NAO.

FOTOS DE THE TETA'S VAN E NAO NA GENTALHA DO PICHEL

{artsexylightbox path="images/stories/2015/dezassete"}{/artsexylightbox}

TEXTO: Lety GF

FOTOS: Lucía Mallo

{fcomments}

Vindeiros concertos

830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }23 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Negreira
849322528_1541015238065170_4552444256315218672_n.jpg }23 Out 2026
08:00PM -
Foliada en Lisboa
Centro Galego - Lisboa (Portugal)
795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.