Ataque Escampe deu en Compostela, o pasado 19 de xuño, un concerto inesquecible. Foi a presentación en sociedade dos Relatos Americanos pero tamén a despedida de Alex Charlón e incluso a primeira ocasión en Santiago de escoitar ao vivo e en plenitude o Disco Vermello. Ocasión inmellorable para a estrea dun novo colaborador de GZmúsica, o Miguel Duarte. E tamén por vez primeira na nosa web, fotos de Gloria López para nos ilustrar o que deu de si o paso pola Capitol das Ataque Escampe.

Hai noites nas que saes dun concerto coa sensación de ter vivido algo que xamáis se volverá a repetir, onde se crea un vínculo especial entre as preto de 500 persoas que acudimos á Sala Capitol de Compostela. O concerto das Ataque Escampe, efectivamente, foi unha desas noites, e por moitos motivos:

Por un lado tocaba presentar en sociedade Relatos Americanos, un pequeno libro recén saído do forno que mistura as vivencias do grupo ao longo do país e collages do artista Misha Bies Golas, que xa colaborara co grupo na portada do seu último disco.

Por outro lado tamén estaba a conta pendente de presentar o Disco Vermello, a súa última achega discográfica, publicado en maio do 2014. Dende a súa saída non fixeran un concerto co formato completo en Compostela (coa excepción dun curtiño set-list na Romaría Pop 2014 baixo un sol doente ás 14:00 da tarde). Era hora de facerlle xustiza ao disco e facer unha presentación xeitosa.

Éste non era un concerto habitual das Ataque Escampe, non só se trataba de presentacións, tratábase da derradeira actuación do cantante Alex Charlón coa formación, e pese a momentos emotivos, convertíuse nunha festa de despedida inesquecible.

Abrindo o concerto estiveron The Lost Omelette-makers e Vozzyow, que se encargaron de quentar o ambiente. Coas primeiras notas de Os problema crecen comezou a encherse a sala, e un a un foron saíndo en procesión Álvaro Trillo, Lois G. Carlín, Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira e Roi Vidal, as Ataque Escampe. Xa viñan de atrás facendo concertos coa nova formación, co outrora batería Roi Vidal á voz, que defendeu perfectamente o seu novo rol. Foron soando pezas do novo disco como Orde e progreso, Música Industrial, Street Fighter coa xente berrando ao unísono “puño americano” e algún “hadouken”, a hipnótica 2006, San Marino, Salvarei o Mundo versión cumbia. Mesmo se atreveron con algunhas rarezas como After Hours incluída no disco dos Bolechas e a coreada Maycar.

Foron soando tamén clásicos da súa discografía como Festa Malandrómica ou Noites de Agosto.

Aínda que xa deixaron o termo atrás, houbo algún momento de rock serie B nos que Tomás Ageitos, encargado do son, tivo que intervir maxistralmente. Son precisamente eses momentos os que tanto encanto lle dan á banda.

No tramo final do concerto saíu ao escenario Alex Charlón, non moi amigo de facer sangue do asunto, presentou a seguinte canción como un epitafio, Arder. O resto do concerto foi unha festa, coa xente cantando de comezo a fin pezas como A cabana do Tio Tom e Once upon a time: A Terra Chá e o kazoo de Alex botando lume.

Tras os bises de rigor, con O Longo Adeus e Misión de Audaces volveron á escena cos segundos bises, rematando coa tabernaria Vista Alegre. A xente despediu con agradecemento ao grupo e a Alex mentres soaba de fondo a canción do final de Willy Fog.

A modo persoal botei en falta Segunda División ou algunha peza de A grande Evasión, do que curiosamente non soou ningunha, aínda así non teño queixa ningunha da escolla de cancións, ardua tarefa. Concerto emotivo onde haxa. Logo fomos dereitiños ao posto dos cd´s a mercar Relatos Americanos e tras comentar a xogada, saímos da Capitol cun sorriso na cara, efectivamente, foi unha desas noites.

Aquí podedes ver máis fotos do evento (Gloria López Fotografía Artística)

TEXTO: Miguel Duarte

FOTOS: Gloria López


Set-List

1. OS PROBLEMAS CRECEN

2. ORDE E PROGRESO

3. STREET FIGHTER

------------------------------------

4. MÚSICA INDUSTRIAL

5. FESTA MALANDRÓMICA

------------------------------------

6. MAYCAR

------------------------------------

7. TECNICOLOR

8. AFTER HOURS

9. 2006

10. NOITES DE AGOSTO

------------------------------------

11. SAN MARINO

12. ARDER

------------------------------------

13. TERRA CHÁ

------------------------------------

14. SALVAREI O MUNDO

15. A VITORIA

------------------------------------

16. CABANA

*******************************

17. O LONGO ADEUS

18. MISIÓN DE AUDACES

*******************************

19. VISTA ALEGRE

Vindeiros concertos

830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }23 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Negreira
849322528_1541015238065170_4552444256315218672_n.jpg }23 Out 2026
08:00PM -
Foliada en Lisboa
Centro Galego - Lisboa (Portugal)
795663354_10246232162647843_8696830435274065083_n.jpg }24 Out 2026
Hugo Guezeta
Sala Capitol - Santiago de Compostela
832896718_18115728389092036_3454160212033361874_n.jpg }24 Out 2026
Minguante
O Xandoneto - As Neves
840809026_28711085741867270_7028194588712960272_n.jpg }24 Out 2026
01:00PM -
VI Foliada e Cantos de Taberna de Taboada
Taboada
825271574_1370119861532417_3017303303335931565_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
As San Lucas. Terras de Encontro
Mondoñedo
830632125_18134977579630147_7693089141231421728_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
Pasabodeghas
San Miguel de Sarandón (Vedra)
836334423_1074770502029218_2588016385055379423_n.jpg }24 Out 2026
05:00PM -
XVII Foliada da Mariña
Praza do Concello - Xove
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }24 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - As Pontes
792408397_28250828677890501_6389619091779715764_n.jpg }24 Out 2026
07:00PM -
XIV Ruada de Teixeiro
Praza do Pobo - Teixeiro, Curtis (Curtis)