Os D`Callaos estiveron no Atu hai uns días. Os cataláns non esqueceron a súa cita con Bueu nesta xira 10º Aniversario e Lety GF non perdeu a súa visita e tráenos agora esta reportaxe. Crónica, vídeo e fotos do concerto dos D'Callaos no Aturuxo de Bueu, o pasado 14 de novembro.

Aínda lembro a primeira reportaxe que fixen dun grupete granadino de rocksteady que veu ao Aturuxo de Bueu, e que polo meu antollo se viron obrigados a crear un novo apartado nesta web, Internacional. Xa caeu algún que outro chuvasco dende aquela e resulta que agora teño esa pestana máis que esquecida.

Velaí que aproveitei e o 14 de Novembro e achegueime unha vez máis até o Aturuxo de Bueu. Xa pasamos a mañá na vila vendo a entrega de premios da primeira edición da maratón fotográfica de San Martiño organizada pola rede Argo Navis, e descubrindo un novo local para comer aló con estes argonautas.

Pola noitiña voltamos unha vez máis ao Aturuxo e un novembro máis a ver os D´Callaos. Vai uns anos facían máis paradas na Galiza, pero a día de hoxe a única localidade fixa no seu paso polo país é Bueu. Así é que un ano máis a sala estaba ben ateigadiña xa dende primeira hora. Tanto é así que a parte dos, ou máis ben as, habituais seareiras, morracenses (na que se notaba a falta da rumbeira buenense pero incluída algunha concelleira de cultura), como non os seareiros non do grupo, se non do "atu", redondeláns, vascas que adoptamos na Galiza dende hai anos e tamén tropezamos con algunha persoa que baixou a propósito dende A Coruña para este concerto. E pouco máis que dicir... porque non sei moi ben como facer unha crónica obxectiva e o compañeiro non se animou a facer unha crónica vista dende un punto de vista neutral.

Aquí vos quedan unhas fotiños  por se queredes coñecer o novo compoñente da banda, e un vídeo no que podedes comprobar que o público estábavos ben animado e cantando unha canción tras outra.

FOTOS DOS CONCERTOS

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="DCallaosNoAtu"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

VÍDEO RESUMO

Texto, fotos e vídeo: Lety GF

{fcomments}

Vindeiros concertos

671233870_18332841463223880_6699798182972323400_n.jpg }03 Mai 2026
High Paw e Banda
Krazzy Kray! - Cambados
673956261_1251545983821420_3081834981962470201_n.jpg }01 Mai 2026
Portonovo Gastronómico
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
674254567_1415045733995442_7837628195274713169_n.jpg }01 Mai 2026
XXXIII Feira do Viño de Vilachá
Vilachá (A Pobra do Brollón)
681805558_18574633141034291_8173403747584177655_n.jpg }02 Mai 2026
XXXV Festa do Muíño de Fausto
Muíño de Fausto - Coiro (Cangas)
632177127_1379968937479942_2125393337963153476_n.jpg }03 Mai 2026
08:30PM -
Pablo Sanmamed
Teatro Principal - Santiago de Compostela
671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)