Malandrómeda parou no Morrazo, no Bar Labranza da aldea de Meiro, para presentar os seus dous novos discos. Foi o pasado 18 de marzo e por alí estiveron Lety GF e C. Gende para facer esta crónica. Hip Hop do melloriño da man do Hevi, no micro, acompañado de Xurxo Piñeiro dos Barbitúricos nos controis, para apresentar "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba o seu carallo", 21 novos temas dun dos mellores representes do hip hop galego.

Xa anoitecendo achegámonos ata o Bar Labranza a medio camiño entre Bueu e Cangas para desfrutar dunha noite de concerto neste local habitual do Morrazo. Un local peculiar pola disposición do escenario xa que sendo de tamaño considerable,  nen cantautores nen bandas a dobre batería poderían queixarse. Ademais a proximidade do público fai que os concerto teñan ese aire familiar e de simbiose que agradecemos os que nos gusta máis cantar a ras de chan.

Esa noite esquizofrénica no Labranza ulía a Malandrómeda e chamaba por nós. Tiña ganas de velos e escoitar eses novos temas. Atoparme co Hevi e saudalo en inglés como se na aventura de NYC aprendéramos algo. E así foi que esta cita non a podía perder.

A primeira presentación en Compostela disque encheron, por fora e por dentro. Non me acerquei pero ía ser moi complicado seguirlles o ritmo pois creo eran un par de temas e cambio de local, e así cunha ducia de locais. Eu non me considero catador, pero servidor gosta de saborear os licores con máis tempo. Outra das citas foi en Burela, e se ben podería desfrutar da compañía dos amigos do Xebra, desta quedaría de novo sen ver a Malandromeda.

Vai comezar o concerto pero da tempo a unhas lerias máis. Unhas semanas antes cadrara en escenario con Xurxo Piñeiro e os Barbitúricos, pero desta era el o encargado dos controis de Malandrómeda. Na mesa pequena pero ben aproveitada xuntábase gran cantidade de aparataxe: varios efectos vocais, sintetizadores e xeradores dos máis aloucados sons, algo de circuit bending e ata o xa coñecido theremín, un clásico dos concertos deste grupo.

Encandilados parece ter o Labranza algúns grupos e a min non me cadrou aínda de cantar alí. Non sei se será o trato, que ben sei que é bo, ou o local ou quizais algo máis que o cantante deixou caer entre tema e tema. Se Hevi é capaz de conquistarnos coa sua lírica, ao rapaz creo que o podemos conquistar polo bandullo, pois el como bo catador de caldos e de viños sabe ben onde repetir, e no Labranza a proba do crime creo que foi un bo bacallau.

Comezou o concerto e Hevi agarrou micro e Xurxo os knobs. Enerxía pura para cadrar os delays co tempo. Verbas que necesitan mais de dúas voltas para entender por que foron creadas.Temas moi bailables, algúns polo seu ritmo pegadizo e outros polos retrouso. O vocoder axudaba a mover o cú e o cantante ensinábanos como era moverse con estilo

Malandrómeda non presenta novo disco; senón que está a presentar nada menos que dous de 12" recheos de verbas e ritmos pegadizos. "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba o seu carallo", cunha xenial funda de deseño urbano deseñada por Sokram DKTC.Un total de 21 temas que poderedes escoitar se ides ao seguinte concerto de Malandrómeda.

VÍDEO: MALANDRÓMEDA AO VIVO NO LABRANZA DE MEIRO

FOTOS

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="malandromeda_labranza"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

TEXTO: c.gende

FOTOS E VÍDEO: Lety GF e c.gende

{fcomments}

Vindeiros concertos

640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)
674283864_1346831577475892_4750641388000855558_n.jpg }08 Mai 2026
XXVIII Festa da Troita
Sigüeiro, Oroso (Oroso)