O sábado 17 de decembro GZmúsica andou pola Pontragha. As Bouba Pandeireteiras apresentaban Vinculeiras, o seu primeiro traballo, e até aló foi Lety GF para nos contar todo o bo que alí houbo. Moita pandeideretada, de nenas, mozas e avoas, coa xente do lugar e vidos da contorna arroupando as Bouba na súa presentación. Aquí vos quedan fotos e unha pequena crónica da man da nosa reporteira.

O pasado sábado 17 achegámonos ata o centro social da Pontragha. Sitio ao que se non vou acompañada ou co GPS aínda dubido se chegaría soa. Algunha vez casa cachorro serviu de referencia para chegarmos a vella estación de Renfe, ben chula por certo, pero xa adentrarme por eses lares de noite… todas as pistas seméllancheme iguais e é que che son moi sureña de raio.

O convite era para as oito, pero claro… coma sempre, dá igual que polo menos ata e media non comezará. Pero non daba tan igual… e chegamos coido un bo cachiño tarde. Cando chegamos o aparcamento estaba ateigado, polo que o primeiro xa deixar o carro na beirarrúa. E xa supoñendo que dentro a cousa ía ser semellante… non nos equivocamos moito. Nada máis entrar bastante cara coñecida, vese que o “faranduleo” do país se apoian uns aos outros, e por aló andaban Tropa  de trapo, parte de Sacha na horta, o que foran a Caixa de Tambora, Sofía Espiñeira ou Ses.

Aínda non vos dixen para que foramos, pois ben, as Bouba viñan apresentar o seu primeiro disco “Vinculeiras”. E víase que a xente da zona non quería perdelo! A verdade que che foi ben bonito ver un tan amplo abano de idades. Alí non só lles deron ás pandeiretas as Bouba, tamén os máis cativos da A.C. Brisas do Quenllo, e as señoriñas da vila que, á parte de tocaren, bailaban que xa me gustaba a min (isto é unha indirecta pa que se me topades nun festi me ensinedes un par de pasos que non hai maneira convosco, ou!).

Outra cousa ben riquiña foi como ambientaron algunha das paredes do local, con nomes das señoras, fotos antigas e mais vestimentas delas. É todo un detalle que se lembren de homenaxealas, porque igual (ou sen o igual) sen elas teríase perdido parte deste repertorio. Vamos, que supoño para as da casa está convidada sería non só unha presentación, se non tamén unha xuntanza familiar. E non só polas roscas e o anís que ían pasando os cativos da asociación entre as asistentes.

Sobre o disco, que o merquedes se podedes, que supoño haberá exemplares, aínda que o levaredes sen pano, si,  deses brancos pra moqueira, que aínda temos na casa no moble do pasillo, alí onde o avó todos os días vai coller un. María da Pontragha dicía que houbo quen preguntou como ían gravar un disco só con pandeiretas... Eló? A caso a pandeireta non é un instrumento que simbolice coma outros a nosa cultura? Vale que as guitarras e Jimi Hendrix che molan de raio, pero todo ten que ter cabida! E máis as cousas nosas, porque algunhas precisan máis reivindicación ca outras. Visto está que ao estado lle chamen país de pandeireta coma forma de desprestixio, o cal amosa que pouco ten que ver connosco e a nosa cultura. Aínda que para reivindicar tamén esta Maca do Pinheiro, que se fai falla incha de vea para cantarlle as corenta a quen faga falla. Que para voz máis doce xa temos a de Olga de Che, sempre saudándonos cun enorme sorriso e aperta. Veredes nas fotos que desta volta Raquel de Ríos non aparece, pero segue a ser unha Bouba coma a que máis. Se vos ghustan as pandeiretas ou queredes practicar un pouco tamén podedes poñelo que ben se coñecen os toques que fan, así que se non podedes aprender na Ghentalha con Carme da Pontragha, tedes a oportunidade de facelo dende a casa!

Así que nada pandereteiras do país ide tomando nota que hai que facerse notar máis, e se estas loitadoras poden vós tamén!

+ FOTOS


TEXTO e FOTOS: LetyGF

{fcomments}

Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas