Un dos últimos concertos aos que asistimos o ano pasado foi o de Wöyza no Salason de Cangas. A cantante de Moaña viña presentar o seu novo traballo, Pelea, que está a ter boa acollida en público e medios especializados a nivel estatal. 11 temas cantados en español onde Wöyza explora ese vieiro que a leva do hip-hop cara ao soul ou incluso R&B. Até a magnífica sala cangueira baixou a nosa compañeira Lety GF desde os altos de Coiro para gozar dunha boa velada musical e de paso achegarnos esta pequena crónica, con fotos e vídeo.


E xa no 2017, veño contarvos do último concerto o que fun o pasado ano. O 29 de decembro achegueime até o Salason aproveitando que había presentación. A verdade xa facía boa que non me pasaba. A cita era con Wöyza, a cal pode que non coñezades moitas gzmusiqueiras, xa que non é o habitual ao que estades acostumadas, pois non adoita compor na lingua do país. Mais deixar pasar a ocasión de gozar coa magnífica proposta dunha "veciña" -é do Morrazo aínda que leva anos vivindo en Vigo- non entraba nos meus plans así que alá me fun.

Pois ben como vos dicía rematei o ano con un concerto o que facía moito lle tiña ganas. Debe de facer polo menos 5 anos que me pasara por un evento feminista por un garito de Churruca e alí vin a Wöyza por primeira vez, mais non foran máis de 3 temas que xa nin lembro cales foron. Despois buscando pola rede atopara aquel Pisando el suelo que ves que saiu no 2009, pero alí quedou medio no esquecemento un tempo. Ata que escoitei falar d o coro V-go Negro Son que lembrei daquela voz peculiar, de hip-hop camiñando cara o  R&B ou o Soul. Despois coa xira Wötown estiven tentada a ir a algún concerto, pero xa sabes como é este país… que malamente se topa unha finde libre de festivais en máis de medio ano… e así pasou o tempo dende mediados do 2015 ata agora.

Vai un par de meses tropeceime co seu novo disco Pelea e gustei moito del. Non só porque teña unha voz dun estilo que non abonda na nosa terra. Ese estilo que che pode traer a cachola cantantes como Lauryn Hill, Nneka ou Mary J. Blige. Afondando máis quen sabe se poderíamos chegar a ver influencias de  Etta James ou Nina Simone misturadas con rap, e todo iso levado á actualidade. Se non porque é un disco deses que segundo o momento no que o escoites podes chegar a empatizar totalmente coas súas letras, como se algunhas delas fosen especialmente escritas para ti, xa que o final dun xeito ou outro as vivencias e sentimentos que nos xeran non son tan diferentes os de uns e os de outros.

Pero ben para que vos sexa máis fácil e se non coñecedes a esta moañesa o fagades aí vos queda un vídeo con anacos do tema do primeiro disco “Y a quien”, unha versión do “Doo-wop (that thing) da Lauryn, e dos temas “Cansada”, “No creo” e “Ahora” que ao igual co disco pecha o vídeo.

Se vos mola xa sabedes, non agardedes dous anos para irdes a un concerto e cando volte da xira polo estado. Desta volta viu acompañada por DjMil aos pratos e Raquel Labelle aos coros, e incluso nalgun tema polas bailarinas Yara Juncal e Lua B-girl, máis non vos podo dicir se é o habitual… terédelos que descubrir vós mesmos.

Dende logo no Salason seareiros tivo abondo, o local estaba cheo de xentes de todas as idades. E de cara ao baño escoitei comentarios de xente que quedou ben satisfeita co concerto ao que acudiu.

Sexa como sexa que siga pelexando moito máis nun mundo cheo maioritariamente de presenza masculina.

AQUÍ, MÁIS FOTOS DE WÖYZA NO SALASON

TEXTO, FOTOS E VÍDEO: Lety GF

Vindeiros concertos

713243463_18329711746268419_7034653748937499883_n.jpg }10 Xun 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
712390918_10230563949634328_1488412753593299232_n.jpg }11 Xun 2026
Centenario da Casa Galicia de Bilbao
Bilbo, Bizkaia (Euskal Herria)
710782238_987694627516920_2784308917435194620_n.jpg }11 Xun 2026
09:00PM -
Antón Ke
Taberna A Riala - A Estrada
708254832_1856945452366117_7859393435986831494_n.jpg }11 Xun 2026
09:30PM -
Latorre & Miguélez
Filloa Jazz Club - A Coruña
719491082_18330674374268419_7666776742583390904_n.jpg }11 Xun 2026
09:30PM -
The Spoonfuls + Blues Jam
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
712390918_10230563949634328_1488412753593299232_n.jpg }11 Xun 2026
Centenario da Casa Galicia de Bilbao
Bilbo, Bizkaia (Euskal Herria)
681292662_17878028256590054_5770319039361754612_n.jpg }12 Xun 2026
Festa Raxada
Campo de Fútbol da Comunidade de Montes - Couso ( A Estrada)
709001215_1013158838057118_3003271749036623226_n.jpg }12 Xun 2026
Festa da Alegría
O Calvario - Lavadores (Vigo)
san-antonio-y-corpus-christi-de-mañufe-gondomar_img3842n1t0.jpg }12 Xun 2026
Festas de Mañufe
Mañufe (Gondomar)
701019792_18357605683237107_3537766139361799532_n.jpg }12 Xun 2026
Festival Surfing The Lérez
Illa do Covo - Pontevedra