As tardes de Compostela os domingos soan a jazz. A Casa das Crechas volve ter este inverno a Sumrrá case de banda residente e se che cadra andar pola capital un domingo á tardiña paga moito a pena ver se teñen concerto e achegarse alá. O Vituco Neira foi velos hai unhas semanas e volve agora a retomar a colaboración con GZmúsica falándonos da maxia que Sumrrá deita os domingos nas Crechas.   

Sumrrá nas Crechas

Cando un fala de música dende a perspectiva que dan anos de escoita e asistencia indiscriminada a concertos de todo tipo, xeito e cor, a un, que é de orella consentida e algo repugnante, sempre lle acorda aquelo de comparar o que estás a escoitar con algo que xa escoitaches antes. É un vicio terrible e nada recomendable pois sempre acabas por cantarlle a quen teñas ao carón a canción que che acorda mentres os músicos están a tocar. Tamén hai que dicir que esa sensación de deja vu ven a constatar que a música está viva e camiña polos carreiros do mundo mesturándose, xogando, metamorfoseándose, inspirando, expirando e facendo bo o éxodo cultural que os humanos levamos ao lombo cada vez que collemos porta cara a calquera que sexa o noso destino. Maxia, mesturanza e vida. E nesas cavilacións andaba eu mergullado nunha sala da zona vella de Compostela o domingo pasado mentres escoitaba a Sumrrá.

Tres músicos de enorme percorrido, de enorme talento creativo e tres instrumentistas concisos, finos, emocionais e emocionantes. Non vou ser eu quen descubra a calidade do jazz do país xa que calquera erudito que pase por aquí saberá de sobras o sobresaínte estado do xénero polas nosas terras con propostas punteiras que sempre destacan nos circuítos tanto propios como alén das nosas fronteiras. E non son eu moito de jazz. Nin o escoitei moito nin tira por min para entrar nunha sala ou ir a un festival. Vamos, que voltando ao que contaba ao inicio, nada do que Sumrrá toquen nun concerto dificilmente o puiden escoitar eu antes nun festival ou nalgún disco de jazz. Pero Sumrrá soan a universalidade, ulen a mundo e saben á cociña da avoa. E iso todas o degustamos nalgún momento da vida e a todas nos leva a aquela lembranza que sempre volta cando algo no teu cerebro activa o botón das nostalxias das cousas bonitas. Garito cheo de xente ben heteroxénea e todos baixo a influencia da droga máis dura e sonora en forma de concerto de pequeno formato. Casa das Crechas, en plena cerimonia de tarde dominical, baixo os faceres de tres mestres do jazz cuspindo notas e xerando climas de conexión por fíos directos, invisibles pero activados con intensa actitude e enérxica escena. Canallas por momentos, rápidos e doentes noutros. De whisky e mel. De crema de café quentando a atmosfera na friaxe da tarde. De arame e madeira. De cheiro a tabaco e fotos de Coltrane. Lentos e metódicos noutros. Primeiro enrédante coa sutileza dos que saben, despois mareante e logo dánche leña e aloumiños. Calor e calor ate que amansas diante coma adurmiñado nunha cesta de gatos. Piano, batería e contrabaixo en máxima conexión musical. O mundo xa os está a coñecer e xa xiraron por medio planeta nos seus camiño dos vinte anos. Os galegos sempre somos máis coitados para o noso pero cada un que cae na súa arañeira dificilmente pode saír ou quere saír sen ser devorado por ese dragón de tres cabezas. Manolo Gutierrez, Lar Legido e Xacobe Martínez. Caerás na trampa e repetirás. Entrade no seu web e apuntade a vindeira data que teñan no almanaque. Son Sumrrá, son un luxo de banda e molan todo. Dívolo un ao que lle presta o punk ruidoso de imperdibles e palabras mal soantes a cara de can. Son Sumrrá e son unha alfaia para a cultura musical do noso país.

TEXTO: V. Neira

{fcomments}

Vindeiros concertos

696692432_10162818246040913_4039719241228959260_n.jpg }10 Xul 2026
De Ninghures + 9Louro + Talco
Peirao de Arcade - Arcade (Soutomaior)
723042505_10162945433755913_7563919495505803910_n.jpg }08 Xul 2026
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Ortigueira
708655472_18359466532237107_8804535167843233152_n.jpg }09 Xul 2026
Portamérica
A Azucreira - Portas
725649370_1006123875122663_4434515635080982_n.jpg }10 Xul 2026
Serán D´Aquí
Campo da Leña - A Coruña
738616356_1685769119795187_540202632499547084_n.jpg }10 Xul 2026
Terapia de Grupo
Recordis - Vila Nova de Cerveira (Portugal)
695230092_1568321675302726_4191624422713095322_n.jpg }10 Xul 2026
XIV Rock in Río Tea
Parque da Feira Vella - Ponteareas
725947108_1701401341179022_2095984172476308518_n.jpg }10 Xul 2026
06:00PM -
O Carballal Son
Estación Vella - A Gudiña
721415447_4378426822413571_815777411858139348_n.jpg }10 Xul 2026
08:00PM -
I Foliada Taberna Airexe
Taberna Airexe - Muro (Láncara)
726838140_18116013499868833_7832789139303777955_n.jpg }10 Xul 2026
08:00PM -
III Ruada Val do Dubra
Área Recreativa de Bembibre - Bembibre (Val do Dubra)
727970108_1623634713101543_4466707167951401552_n.jpg }10 Xul 2026
08:30PM -
A Gramola Gominola
Xardíns da Caza do Escudeiro - Meis
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.