Hoxe sábado, o Auditorio da Estrada acollerá a presentación do novo disco de Linho do Cuco, As Alegrías. A cita é as dez da noite, cunha entrada de cinco euros, e polo escenario do auditorio pasarán @s músic@s tod@s que colaboraron no traballo. Haberá máis sorpresas nesta estrea, que será tamén punto de partida dunha Xira das Alegrías que levará a música tribal galega a todo o país.

O traballo foi presentado aos medios esta semana, na Sala de Xuntas do concello da Estrada. Alí, tres integrantes de Linho de cuco presentaron o seu novo disco, que ofrecerán ao público estradense nun concerto no Auditorio este sábado.

As Alegrias é un disco tirado da suor dos seus oito integrantes coas colaboracións de bos amigos e excelentes intérpretes (Pedro e Pablo Pascual de Marful ás cordas pulsadas; Gutier Álvarez ao violino; Iván García á guitarra) e rematado por un excelente traballo gráfico do artista plástico Miguel Calvo e os textos de Inacio. O título do disco débese ao contador de historias lalinense Celso F. Sanmartín e fala dese interior de Galicia auténtico e vitalista. As Alegrias son as entrañas do porco, o animal totémico da cultura dun pobo que se resiste a entristecer.

A presentación terá lugar este sábado 23 de marzo ás 22h no Auditorio da Estrada. Tras a presentación comezarán unha “Xira das Alegrías” que encherá de boa música e enerxía o país. Unha xira que inclúe concertos, pasarrúas, sessions vermouts, cabezudos... Alegría! Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… e oito artistazos rebordando clase e enerxía sobre o palco. Oito músicos profesionais que nos ofrecen un concerto para escoitar e bailar.

O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías. É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés…

Linho do cuco son do Deza e de Tabeirós, terra de bandas, onde centos de músicos aprenderon a tocar, ensinaron solfexo cunha caligrafía fermosa e ofreceron riqueza cultural e económica. Estas Alegrías son tamén un cariño a eses músicos aos que, sen estar nas cidades, lles chegaron os repertorios modernos, e os adaptaron sen máis prexuízos que o de quererlle á música e atender as demandas do público. Unhas Alegrías tamén para as xentes destas paisaxes rudas, que tardaron décadas en chegar á praia, pero que souberon forxar un repertorio e un estilo propio. Linho do cuco non fan revisións vintage. Que pensen coma os seus avós non lles fai tocar o mesmo que tocaban eles. Desde a tradición, Linho do cuco ofrecen unha proposta de música POPular actual para as sesións vermouts e as verbenas. Para desfrutar do día de festa da mañán á noite.

A presentación do sábado na Estrada estará chea de sorpresas. A canda eles estarán os músicos que colaboran no disco, así como os artistas locais que o deseñaron e escribiron para eles. Entrada 5€.

Linho do cuco son: Pablo Bernárdez (zanfona), Xián Herrera (gaita, pratos, piano de xoguete), Pablo Doval (tuba), Miguel Touriño (bombo), Pablo Pardo (frautas), Marcos Pérez (percusión), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Benxamín Otero (oboe e corno inglés).


Escoita un avance de dous temas aquí

Vindeiros concertos

641378721_1506342738165281_9067810172005490710_n.jpg }04 Mar 2026
08:00PM -
Cultura contra a Barbarie. Gala Solidaria por Palestina
Teatro Principal - Pontevedra
632177127_1379968937479942_2125393337963153476_n.jpg }05 Mar 2026
08:30PM -
Antía Muíño
Teatro Principal - Santiago de Compostela
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }06 Mar 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala La Laut - Barcelona (Catalunya)
642168590_1428467095737886_2000836906980015684_n.jpg }06 Mar 2026
11:30PM -
Verter GZ
Pub Gatos - Melide
615727998_17999470853850735_794645154515654386_n.jpg }07 Mar 2026
III Foliada de Primavera Axeigada
Rábade
633126445_883585844416429_7442801489562461681_n.jpg }07 Mar 2026
IX Cantos de Taberna de Quiroga
Casa da Cultura - Quiroga
623036181_18341562343234570_5534474561794490359_n.jpg }07 Mar 2026
XIII Concurso de Bandas Rock in Río Tea
JJ Copas - Ponteareas
591721122_1310172101124975_8154179540736719474_n.jpg }07 Mar 2026
07:30PM -
Luar na Lubre
Centro Cultural Ceina - Santiago de Chile (Chile)
637755196_1308053671359700_6692966093268370496_n.jpg }07 Mar 2026
07:30PM -
VI Cantos de Taberna de Baralla
Baralla
641323777_1485874386874085_3314484454692670386_n.jpg }07 Mar 2026
08:00PM -
O Son da Rebullón
Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)