Silvia Pérez Cruz é unha música e cantanta catalá, concretamente de L'Empordà, que ten publicado -polo de agora- só un traballo en solitario, 11 de novembre, vai xa para 2 anos. Tivo o seu momento de sona nos medios mainstream cando gañou o Goya á mellor BSO por Blancanieves e, por erro, a encargada de dar o premio leu inicialmente o nome doutra finalista. Aquí vos deixamos unha olladela ao seu traballo e á súa -forte- conexión galega.

Atopamos vía Edicións Positivas unha artista sinxelamente impresionante. Silvia Pérez Cruz, unha cantaora catalá que despois de darse a coñecer en Las Migas, cuarteto que explora o flamenco contemporáneo, encetou a súa carreria en solitario no 2012 con 11 de novembre. O álbum nace como exorcización necesaria da artista despois da tráxica morte do seu pai, dun infarto a dous días de cumprir os 55 anos, o 11 de novembro de 2010. Da necesidade de expresar a pena e de dar feitura ao amor xorde un traballo intenso, que navega do flamenco á música popular brasileira, cunha paraxe na música galega. Catalán, español e os distintos sotaques galego-portugueses serven de canle de transmisión dos sentimentos de Silvia, que ferven na súa voz e achegan a paixón precisa para que as cancións deixen pegada.

Diciamos que hai paraxe -sentimental- na música galega. E é que Cástor Pérez, o pai de Silvia, era un emigrante galego que lle cantaba -acanda os seus irmáns- a súa filla unha peza, que ela recupera agora no disco, 'Meu meniño', cantada con aqueles seus tíos. Tamén hai oco para o fado, `Folegandros' , e a MPB, 'O meu amor é Glória'. E iso só pola banda de lusofonía. Porque jazz, flamenco ou canço catalá soan -e con intensidade- en certos temas: 'Diluvio universal', 'Iglesia', 'Pare meu',...

Aquí podes escoitar o disco íntegro.

E aquí, Meu neniño, cantada ao vivo por Silvia na TV3, con explicación posterior da historia persoal que a une á canción.

{fcomments}

Vindeiros concertos

671233870_18332841463223880_6699798182972323400_n.jpg }03 Mai 2026
High Paw e Banda
Krazzy Kray! - Cambados
673956261_1251545983821420_3081834981962470201_n.jpg }01 Mai 2026
Portonovo Gastronómico
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
674254567_1415045733995442_7837628195274713169_n.jpg }01 Mai 2026
XXXIII Feira do Viño de Vilachá
Vilachá (A Pobra do Brollón)
681805558_18574633141034291_8173403747584177655_n.jpg }02 Mai 2026
XXXV Festa do Muíño de Fausto
Muíño de Fausto - Coiro (Cangas)
632177127_1379968937479942_2125393337963153476_n.jpg }03 Mai 2026
08:30PM -
Pablo Sanmamed
Teatro Principal - Santiago de Compostela
671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)