O vindeiro 7 de febreiro o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación oficial de Orquesta Gharbo! o disco de estrea do polifacético Nelson Quinteiro. Notable traballo que parte da tradición -o Nelson comezou ben novo de pandeireteiro- para mesturala con músicas de moitas partes do globo. O resultado final é un disco cun son excelente que nos convida a percorrer as xeografías musicais que foron deixando pegada na andaina do propio Quinteiro.


Nelson Quinteiro é un cantante, bailarín, actor e director de escena de Cangas do Morrazo. Alén da súa actividade no teatro - a compañía Femme Fatale ou a dirección das 7 edicións do Festival Galego de Cabaré- ten participado en formacións musicais coma Maghúa, Liñaceira ou Cabesa de Pau. Agora presenta o disco Orquesta Gharbo!, un traballo para o que conta cuns acompañantes de luxo. Á batería, Pulpiño Viascón (Diplomáticos, Jarbanzo Negro,...). Á guitarra, Álex Lorenzo (Tuna Rastafari, Tarantela Rabuda,...) e o pianista e baixista Fran Campos (Dixie Jazz Band, Los Mecánicos,...). Foi gravado nos estudios da Fundación Autor Arteria Noroeste - SGAE de Santiago de Compostela, da man de Gerardo Amigo, que lle soubo dar feitura e tirar todo o proveito dun proxecto ecléctico e de moito potencial.

O disco de estrea de Quinteiro será presentado oficialmente o vindeiro 7 de febreiro na Coruña. Malia ter soado xa nalgúns escenarios –nomeadamente en Cangas- ese día será o lanzamento oficial do traballo, proxecto levado a cabo grazas a un crowfounding. Tradición, pop, lusofonía e tamén, Cangas, Compostela ou Euskadi. Orquesta Gharbo é un traballo onde os loops se fusionan co arrecendo a salmoura. Tamén un contrapunto constante: íntimo e eléctrico; tradicional e sampleado. Quizais sexa o acertado equilibrio entre todas esas liñas o que enganche del. Porque o innegable é que engancha. Tanto as atmosferas etéreas creadas con voz sampleada, serrón e saxo coma as melodías alegres e pegadizas. Podes escoitar algúns dos temas que foron subindo ao seu soundcloud.

'As mans Perdidas', cantado xunto a Silvia Penide, coas colaboracións de Xandre Outeiro á Zanfona e Eduardo Méndez, Dubi, á traveseira. Melodía proletaria que viaxa da mina a Massó, símbolo da loita do pobo de Cangas.


'O Tango da Illa' é outra alfaia da tradición musical do Morrazo. Segundo lle temos escoitado a José Fernández Canosa, o Gaiteiriño de Aldán, o único tango tradicional galego. Colaboran Dubi Méndez ao saxo e un coro formado por voces dos Estalotes e de Cantigas e Agarimos.


Como mostra da variedade do traballo, 'Solfán'. Gamberrada segundo eles. Marabillosa e popie gamberrada, cun retrouso deses que quedan a rebulir na cabeza.

{fcomments}

Vindeiros concertos

679193403_1391226686384701_2339561418563834496_n.jpg }30 Abr 2026
26º Pampallín
Praza de Galicia - Outes
682839600_18103362179493151_2214499021029470659_n.jpg }01 Mai 2026
Festa da Xuventude da Ponte Ulla
A Ponte Ulla (Vedra)
673956261_1251545983821420_3081834981962470201_n.jpg }01 Mai 2026
Portonovo Gastronómico
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
616199202_10162321036120913_6913004246934330996_n.jpg }01 Mai 2026
Troneira Fest
Campo da Torre - Pontevedra
674254567_1415045733995442_7837628195274713169_n.jpg }01 Mai 2026
XXXIII Feira do Viño de Vilachá
Vilachá (A Pobra do Brollón)
658982086_1553295299979519_5273056036184037261_n.jpg }01 Mai 2026
12:00PM -
V Feira do Disco de Ferror Records
Centro Cívico de Canido - Ferrol
683646411_978270538055540_6841457591023277779_n.jpg }01 Mai 2026
12:00PM -
Os Carricantos
Mondoñedo
673865387_1552668050049530_8272632411917935566_n.jpg }01 Mai 2026
01:00PM -
Pequerachada da Baña
Área Recreativa Agra de Chans - A Baña
679693779_1401408012021174_77311365909958300_n.jpg }01 Mai 2026
01:30PM -
Loita Amada
CS Artábria - Ferrol
680225385_1366871228809562_7423443100452811744_n.jpg }01 Mai 2026
05:30PM -
XXXVIII Día da Muiñeira
Praza 8 de Marzo - Cee