Jazz, rock e tradición. Todo sabiamente mesturado por Mónica de Nut no seu segundo disco, Dos fíos invisbles chegan as cores, presentado hai unhas semanas. Agora pasámolo pola peneira de GZmúsica, pero xa adiantamos que gostamos moito del. Escoita ademais no interior do artigo o disco, que está chamado a ser un dos traballos senlleiros da música galega neste 2014.


 No mes de marzo presentouse en Compostela Dos fíos invisibles chegan as cores, o segundo traballo do proxecto en solitario de Mónica de Nut. Despois do éxito da súa estrea co disco Mónica de Nut Trío, mellor disco 2012 para Distrito Jazz, a viguesa teima na súa mistura de jazz, rock e tradición, xunto con toda a bagaxe musical que achegan a propia Mónica e Virxilio da Silva, guitarrista xunto ao que se embarcou neste novo traballo. Ao carón deles, Marcelo Dobode nas percusións en 3 dos temas e Javi Gdjazz pondo ventos noutros 2. Nada máis e nada menos, pois o disco consegue con estes aparentemente poucos vimbios ofrecernos unha manchea de matices e sensacións, desdebuxando etiquetas con emocións, -como ben din nel en b-ritmos.com-, especialmente en momentos tan sobresaíntes como o Cántocha de mala ghana, onde unha melodía tradicional galega se trasvasa do Miño ao Mississipi e que serviu ademais de adianto do disco. Esa é unha liña común noutras cancións, Eu aquí, Que non vai,...aínda que quizais non co mesmo resultado fermoso e efectista. Nun disco no que teñen cabida galego, portugués, inglés e latín, Mónica de Nut baralla atmosferas e ritmos, inclúe experimentacións sonoras, fulgores operísticos e moito rock e moito jazz cos que peneira a tradición musical galega sen reparos de ningún tipo. Para quen o queira gozar ao vivo, ocasión inmellorable o vindeiro domingo 25 de maio ás 20h no Centro Cultural de Valadares.



Texto: Lavesedo. Artigo publlicado previamente no suplemento cultural do Faro de Vigo

{fcomments}

Vindeiros concertos

749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
759700178_935299379588861_1788542245678184277_n.jpg }24 Ago 2026
07:30PM -
Ukestra do Medio
Camping Lago-Mar - Muxía
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
749259054_1022925090316568_702947243320794699_n.jpg }24 Ago 2026
Castelo Conta
Castelo (Culleredo)
735067502_1525625742938780_5092150722826748651_n.jpg }21 Ago 2026
Festas do Cristo 2026
Cangas
759904625_935298589588940_2999413444636491151_n.jpg }27 Ago 2026
07:30PM -
Belém Tajes
Camping Lago-Mar - Muxía