The Lost Omelette-Makers estrean disco. O novo traballo publicado polo selo Discos da Máquina, Cómo conocí a vuestra puta madre é un EP de 4 temas, un interludio e un epílogo, terceiro dos fai-tortillas perdidos. O disco foi gravado,mesturado e masterizado por Chukostyle Subversive en Lombardi Records, Compostela,  agás 1 tema gravado nas sesións en directo "Faiado de Ajromarín Club" por Daniel Santos. Pégalle unh escoita en GZmúsica e/ou báixao de balde no bandcamp de The Lost Omelette-Makers. 

Para este terceiro traballo de The Lost Omelette-Makers, Daniel Santos non contou con The Oil Losers, o feixazo de bos músicos que o acompañaron no seu segundo disco, A calor dun corpo estraño, (Discos da Máquina, 2014) e tan só Chukostyle Subversive pon batería MIDI e baixo nalgún tema. Porén, o espírito manténse -quizais sen a influencia italiana que andaba polo segundo disco- e o pop, aínda máis electrónico e sinxelo, unido ás letras delirantes seguen a ser marca da casa. Aquí o tes. Podes descargalo de balde no bandcamp de The Los Omelette-Makers. 

<a href="http://thelostomelette-makers.bandcamp.com/album/c-mo-conoc-a-vuestra-puta-madre-ep" mce_href="http://thelostomelette-makers.bandcamp.com/album/c-mo-conoc-a-vuestra-puta-madre-ep">Cómo conocí a vuestra puta madre EP by The Lost Omelette-makers</a>

En xullo sacaron este adianto en forma de videoclip, do Afasta que vou á festa!!!...de Queiruja

 

{fcomments}


Vindeiros concertos

845653492_18481801459117335_5175430342770525040_n.jpg }16 Out 2026
Culturgal Expandido
Muros
821223494_3443122332527631_2737291816677584176_n.jpg }16 Out 2026
VIII Nos Seus Pés
Praza do Corgo - O Grove
836333662_1110479271705422_8066417261108706878_n.jpg }16 Out 2026
XXV Feira Histórica 1900
Arteixo
795431244_1714432687357032_7979846278454184599_n.jpg }18 Out 2026
07:00PM -
21º Ciclo de Coros Galegos
Teatro Rosalía de Castro - A Coruña
846052707_1864894134678627_6958343547846064553_n.jpg }18 Out 2026
08:00PM -
Mercedes Peón + Clara Peya
Teatro Colón - A Coruña
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }18 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
825340763_1139853172316835_4099096475273801725_n.jpg }21 Out 2026
09:30PM -
Pablo Sanmamed Quartet
Filloa Jazz Club - A Coruña
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }21 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }23 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Negreira
849322528_1541015238065170_4552444256315218672_n.jpg }23 Out 2026
08:00PM -
Foliada en Lisboa
Centro Galego - Lisboa (Portugal)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.