Treixadura cumpre 25 anos. Para o festexar, gravou as súas dúas actuacións no García Barbón de Vigo en outubro do ano pasado, para presentar a finais de ano Vendima Tarda  un CD+DVD que recolle eses concertos. Ou o que é o mesmo, fai un resumo destes 25 anos de andaina. Analizamos este traballo, que supón sen dúbida un fito na carreira da formación tradicional redondelá.

O 3 e 4 de outubro de 2014, Treixadura congregou os seus seareiros no Teatro-Sala de Concertos Afundación,  o García Barbón de Vigo. Reuníronse aló  para festexar o 25 aniversario desta formación tradicional. Aquel emotivo concerto gravouse e agora, en CD e DVD, conforma Vendima Tarda último disco de Treixadura. O traballo presentouse en decembro do ano pasado, no mesmo escenario da cidade olívica e no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.

Máis de 100 minutos que serven para debullar a traxectoria dun grupo que sabe coma poucos transmitir a esencia da nosa música. Diante dun teatro ateigado, Treixadura Gaiteiros e mais o seu Orfeón repasaron moitas das composicións que, sendo maioritariamente tradicionais, teñen na formación redondelá a ferramenta  grazas á que se inseriron de vez no noso acervo cultural. Ou cando menos, así acontece para as xeracións novas. Porque Treixadura foi medrando desde que catro gaiteiros, Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez, escolleron para a súa andaina o nome desa caste de bagos duros, doces e alongados que adoita estar presente nos viños brancos do Condado e do Ribeiro.  Foi no Muíño Vello de Redondela, á beira do Alvedosa, en xullo de 1990. Mais non foi até 2 anos despois, no mesmo lugar, cando deron o seu primeiro concerto. Xa entrara Ramón Vázquez, O Chirlo, na formación. Despois foron vindo mudanzas co paso do tempo, e dos que hoxe en día conforman Treixadura, alén dos fundadores Antón López e Xaquín Xesteira, o gaiteiro Paulo Nogueira entrou no 95, no 98 o acordeonista César Longa, e no 2008 a bombeira –e gaiteira- Magoia Bodega.  Nesta andaina foron chegando tamén os discos e foi a raíz do terceiro e, nomeadamente, do cuarto disco, Unha semaniña enteira (PAI Música, 2006) cando xurdiu o Orfeón, conxunto de voces masculinas que converteu Treixadura no máximo expoñente da música tradicional cantada. Esas, na actualidade, dez voces forman xa parte indisoluble de Treixadura e recolleron o testemuño dos coros galegos, -Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Toxos e Froles, etc…- que mantiveron vivo o repertorio vocal que acompañou os gaiteiros nos séculos XIX e XX.

Para a gravación desde disco ao vivo non só eses quince integrantes, -entre banda e orfeón-, estiveron encol das táboas do García Barbón. Tamén os acompañaron varios dos antigos membros do Orfeón e o coro tradicional “Cantigas e Agarimos” con quen comparten gusto polo xeito de tratar a nosa tradición e mesmo membros, pois varios dos músicos de Treixadura teñen acompañado nas súas actuacións o coro compostelán.

Tan ben arroupados deron un repaso polos seus cinco discos, incidindo nos dous últimos dous en que o Orfeón se integrou de vez. Así, Lúa clarea, a Foliada marmuradora, O Melro, Se chove ou a Muiñeira do Santo Amaro foron marcando intres senlleiros do concerto, sen concesión para as pezas instrumentais, agás o fermoso Pasodobre dos Trinta, desta histórica formación de Trives e os Valses da Arousa, tirados do repertorio doutros clásicos, os Campaneiros de Vilagarcía e Os Areeiras de Catoira. Polo medio, algunha delicatessen, coma o Lela de Castelao cantado acompañados por Cantigas e Agarimos e no remate, apoteose de fermosura e emocións con Fisterra.

Eis o segredo de Treixadura. Malia seren grandes instrumentistas, non hai nos seus discos complexidades excesivas. Non as precisan, son unha formación sobria e porén, sen estridencias nin virtuosismos, son quen de transmitir toda a forza da tradición nos seus concertos, como se comproba neste traballo ao vivo, nomeadamente no DVD. E aí cómpre destacar o traballo de Casa de Tolos, encargados da gravación e responsables de plasmar a maxia e o poder de Treixadura no disco.

Vendima Tarda, como se fixo

TEXTO: lavesedo - Artigo publicado orixinalmente no Faro da Cultura

FOTOS: culturagalega.org

{fcomments}

Vindeiros concertos

713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo
722407883_18340218256223674_4120563451539872621_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Foliada Seisporoito
Praza García Barbón - Verín
713123644_1599015228897946_4464592367139630243_n.jpg }26 Xun 2026
09:30PM -
Anxo Araújo
Anfiteatro do Paseo Fluvial - Arteixo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.