Estreamos novo colaborador en GZmúsica! O Taberneiro Lamentable únese á nosa crew webzineira e desde hoxe e sempre que a situación o requira e as ganas o permitan vai ir enviando críticas de discos, concertos e/ou outras cousas relacionadas coa música do país. Quedades coa súa estrea neste venerábel webzine, unha ollada ao traballo dos Ulträqäns.

Era unha tarde de sol facendo a dixestión tranquila e complicada de dúas costelas feitas á prancha coa súa correspondente e xenerosa dose de patacas fritidas.

Mais aínda non era verán. As cereixas chegaban en caixas de dez kilos dende o Bierzo, a chaqueta facía boa falta debaixo da sombra e Lebron e Curry aínda non comezaran a última batalla polo desexado anel de campión.

Tarde tranquila podería dicirse pero o costume de poñer un CD cando un queda a soas consigo mesmo fodeu o concepto de tranquilidade coma cando á veciña se lle dá por aprender a tocar a pandeireta ben cedo despois do almorzo.

Ordes de Stalin, nenos. Polbos mecánicos e astronautas perdidos e crechos chegados da vella Unión Soviética. Bankrobber cuspindo cores e ChapeLuisa máis ghuapa que nunca. Ata os Iron Maiden se poñen tesos.

ULTRAQÁNS dando voltas no equipo do meu salón.

Neo-Bravú, nena. Psicodelia taberneira. Folkeirada cibernética en ms-2. Rancheira punki con zorza ben picante e Barrantes. Catro de raxo con rapsodias fritidas e síncopas recén chegadas da lonxa de Rianxo. E xa postos a sintetizar ideas: música a toda oxtia pero a toda oxtia a toda oxtia a toda oxtia.  Amén.

"Somos da Coru" respiran en cada compás. Sabémolo e sabédelo. Quedounos claro. Móvense en T-34 e fódelles un feixe tanta tontería desa que habela haina.

Penso neles mentras escoito. Encántanme estes cabróns e ademais de ser tan bos ghichos, que dirían do outro lado,  que ben tocan os condenados.

E pensó que país é este. A que agardan a traelos ás festas da miña aldea no final do verán? Que nos pasa?.

Setentáculos, Ocelotes. Poño o 2º disco.

Parece que neva. Algho faría. Punki esponxa.

Imaxínome nun Ford Escort camiño de Pardiñas. Todo apetrena á garrafa de likor café que viaxa no maleteiro. Non sei se estou nos 80, nos 90 ou no puto futuro. Chegamos alí e hai non mil nin dúas mil. Hai sete mil. E o torreiro baila e canta e admira. Que xusto sería. A dixestión complícase pero a nós nunca nada nos vai resultar doado. Tampouco hoxe. Vainos no pelexo e pagarémolo ca saúde se fai falta...

… pero iso si, a banda sonora é espectacular.

TEXTO: Taberneiro Lamentable

IMAXES:  Deseños de Bankrobber para Ulträqäns

ESCOITA A MÚSICA DOS ULTRÄQÄNS EN SOUNDCLOUD

Vindeiros concertos

730420884_1337790048570468_6286346550883443914_n.jpg }26 Xun 2026
Festas de Bandourrio
Ribeira
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
727834649_3142290562632227_1320068242635876020_n.jpg }26 Xun 2026
Rural Fest 3º Olimpíadas Rurais de Galicia
Praza Andón Cebreiro - Friol
semana-cultural-de-mañufe-gondomar_img46928n1t0.jpg }26 Xun 2026
VI Semana Cultural de Mañufe
Mañufe (Gondomar)
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
730722992_18433133908133304_6840807100531077879_n.jpg }26 Xun 2026
08:00PM -
Charo Pita & Xoán Curiel
Centro Cívico Sociocultural - A Igrexa, As Somozas (As Somozas)
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo