Factoría de subsistencia vén de sacar o seu primeiro traballo, Cerca da túa orella. 8 cancións de cansautor que non cansan. Rock, pop e moita ironía para debuxar sorrisos en quen escoita. O Taberneiro Lamentable dálle unha volta ao novo da Factoría mentres vai dar unha camiñada polas corredoiras da súa aldea. Le as súas impresións e pégalle unha escoita a Cerca da túa orella, disco de estrea de Josito Porto e Sabela Dacal, a Factoría de Subsistencia.

Levántome esta mañán con cara de vampiro e alento de crápula desnortado. Fago un zume de dúas laranxas e un limón ben acedo que me poña a funcionar o corpiño e láiome.

Menuda noite joder!!

Veña!! Hoxe, xa, agora sairemos a camiñar e osixenar a saúde polas corredoiras da aldea antes de que o demo da preguiza veña a meterme co seu mazo na cabeza e me deixe coma unha momia mirando sabe cristo que merda de programa na TV.

Un pouco de pan reseso pasado pola tostadora e cunhas pingas de aceite de Quiroga que me regalou un colega axúdanme a completar a enerxía do zume.

Despois vou a estantería dos discos e escollo un para pasar a mp3 e chantalo dentro do meu tf para poder escoitar na camiñata. E alá me vou paso tras paso escoitando a música con atención e disposto a divagar comigo mesmo. Si. Alá vou. Paso a paso coa factoría de subsistencia ao lombo.

Cerca da miña orella e convencéndome a lambetadas.

Trátase de subsistir. Estou de acordo. De respirar e ter o pracer de quedar en branco mirando para nada e marcando o ritmo co pé. Trátase de soñar, de canturexar e sorrir cantos máis minutos, máis horas e máis días mellor. De que che falen suave e paseniño ao ouvido. De durmitar coma meniñ@s despois dunha intensa tarde de carreiras e enredos na parte de atrás da eira.

Tratase de aloumiñar os sentidos con palabras e feitos. De parar o tempo con músicas que pasean libres pola nosa cabeza e que sacoden a bandeira da inocencia dos que se negan a vivir en mundos tisnados de gris.

Coma luras de bar. Coma supermáns domésticos sempre dispostos a botar unha man ou dúas. Coma un lapiseiro ateigado de cores e listo para empregar nun blogue de un millón de follas. Coma un mago gardando o segredo do seu truco máis fascinante antes da gran noite.

Factoría de subsistencia están cerca da túa orella e dentro da miña.

Damos máis e máis volume e preparámonos para a máis fermosa das subsistencias.

Trátase de iso e sabémolo.

Pasen e vexan. Escoiten.

Subsisteremos. Eu estou niso.

Esta noite quedo na casa.


TEXTO: O Taberneiro Lamentable

Pégalle unha escoita a Cerca da túa orella


{fcomments}

Vindeiros concertos

713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo
722407883_18340218256223674_4120563451539872621_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Foliada Seisporoito
Praza García Barbón - Verín
713123644_1599015228897946_4464592367139630243_n.jpg }26 Xun 2026
09:30PM -
Anxo Araújo
Anfiteatro do Paseo Fluvial - Arteixo