Hai agora 3 meses a vila de Carballo acolleu a estrea do novo disco de Chicharrón, Postal. A banda carballesa ateigou o Pazo da Cultura da súa vila para debullar diante dos presentes a súa nova proposta. De 3 a 5 membros, do acústico ao eléctrico, da escuridade á luz, do castelán ao galego. É moita a evolución que supuxo para Chicharrón este seu segundo traballo, que está a ter moi boa acollida nos medios independentes estatais. Escóitao e opina ti!

Venres 11 de marzo, á noite, o Pazo da Cultura de Carballo acolleu a presentación do segundo traballo de Chicharrón, Postal (Prenom, 2016). A banda bergantiñá xogaba na casa e aínda así sorprendeu as persoas que en gran número se achegaron ao pazo para os ver ao vivo. Sorpresa positiva, se facemos caso das crónicas xornalísticas que falan de longas fileiras de espectadores a agardar pola sinatura da banda no flamante novo traballo. E esa sorpresa foise estendendo  a medida que o traballo se ía dando a coñecer, coa rapidez inherente a estes tempos que nos segue a causar certa vertixe aos que somos demasiado vellos para ser millennials. Nos currunchos radiofónicos e webzineiros, galegos e estatais, onde o pop e o indie son relixión semellaba unánime a impresión do gran paso adiante que supuña Postal para a banda de Carballo.

Todo porque as mudanzas que sufriu Chicharrón desde a súa estrea, con disco homónimo, en xuño de 2014 son moitas. Daquela Chicharrón presentáranse cun formato de trío en acústico –Alberto  Vecino, voz e guitarra; Diego Gende, guitarra e baixo e mais Rubén Domínguez, teclado, piano e coros- ao que se unira Tomás Ageitos á batería na gravación, que se fixo precisamente no Estudio A Ponte que este ultimo rexenta en Roxos, nos arrabaldes de Compostela . De feitura pop e envolto na tristura, o traballo -tributo a Alberto Gende- era unha presada de cancións de amor a un amigo que petaron moi forte nos círculos indie estatais. Letras fermosas, escuridade por momentos, raiba, moita raiba que lle daba fulgores punk por momentos e unha raiola de esperanza ao remate. Duerme, mañana será otro día.  Duerme, mañana será otra vida, así  acababa o seu disco de estrea, apuntando tamén o que ía vir.

E o que veu foi o paso do trío ao quinteto, coa entrada de Mar Catarina nos teclados e Xurxo Meis á batería, aos que se une tamén Mara Pérez aos coros nalgunha ocasión. Mais as mudanzas foron alén do engadido dos novos compoñentes. Chicharrón deixou atrás o formato acústico tamén e deulle electricidade ás súas guitarras. E por último, deixou a escuridade que rodeaba as letras do disco de estrea para se adentrar nun mundo de luz. O grupo repite na gravación con Ageitos en Estudios A Ponte pero volve máis pop ca nunca, para asinar unha ducia de cancións que son postais –velaí o nome- que nos deixan claro onde se atopa agora Chicharrón e cara onde camiña. Postal non estremece como o primeiro disco pero fai sorrir máis e déixache as súas melodías na cachola, sen que te decates, malia as cancións non teren maioritariamente a feitura dos singles. Perde a furia que facía enormes algúns dos temas do disco de estrea e gaña doses da melancolía propia do indie –si, malia a positividade que mostra- pero ben medidas, até o punto de agradar o público dese estilo e non escorrentar o que se achega curioso desde outras latitudes musicais.

TEXTO: lavesedo (artigo publicado orixinalmente no FdC)

FOTOS: bandcamp de Chicharrón


{fcomments}


Vindeiros concertos

641378721_1506342738165281_9067810172005490710_n.jpg }04 Mar 2026
08:00PM -
Cultura contra a Barbarie. Gala Solidaria por Palestina
Teatro Principal - Pontevedra
632177127_1379968937479942_2125393337963153476_n.jpg }05 Mar 2026
08:30PM -
Antía Muíño
Teatro Principal - Santiago de Compostela
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }06 Mar 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala La Laut - Barcelona (Catalunya)
642168590_1428467095737886_2000836906980015684_n.jpg }06 Mar 2026
11:30PM -
Verter GZ
Pub Gatos - Melide
615727998_17999470853850735_794645154515654386_n.jpg }07 Mar 2026
III Foliada de Primavera Axeigada
Rábade
633126445_883585844416429_7442801489562461681_n.jpg }07 Mar 2026
IX Cantos de Taberna de Quiroga
Casa da Cultura - Quiroga
623036181_18341562343234570_5534474561794490359_n.jpg }07 Mar 2026
XIII Concurso de Bandas Rock in Río Tea
JJ Copas - Ponteareas
591721122_1310172101124975_8154179540736719474_n.jpg }07 Mar 2026
07:30PM -
Luar na Lubre
Centro Cultural Ceina - Santiago de Chile (Chile)
637755196_1308053671359700_6692966093268370496_n.jpg }07 Mar 2026
07:30PM -
VI Cantos de Taberna de Baralla
Baralla
641323777_1485874386874085_3314484454692670386_n.jpg }07 Mar 2026
08:00PM -
O Son da Rebullón
Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)